InicioCULTURAA Asociación Empresarial do Tambre inaugura a exposición AlegrArte de María José...

A Asociación Empresarial do Tambre inaugura a exposición AlegrArte de María José Rodríguez

A mostra poderá visitarse ata o 18 de abril no Centro Empresarial do polígono compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) acollerá a partir de mañá, luns 24 de marzo, a exposición de pintura AlegrArte, da artista María José Rodríguez, no Centro Empresarial do Tambre. A inauguración está prevista para as 20:00 horas e a mostra permanecerá aberta ao público ata o 18 de abril, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A organización recomenda contactar previamente para concertar a visita, chamando ao 981 55 28 50.

A exposición reúne vinte obras nas que a autora conxuga técnicas como a acuarela, o acrílico e o óleo, incorporando elementos de reciclaxe como fíos, teas e latas, e empregando soportes variados, desde lenzos a tablillas. Rodríguez busca, con esta proposta, conectar coa mirada do espectador desde múltiples dimensións: “Transmítese emoción, sentimento, sensibilidade, pero tamén conciencia ecolóxica e valores universais que defenden a reutilización e o respecto polo medio ambiente”, explica a autora.

UNHA MOSTRA QUE NACE DA PEDAGOXÍA E PAIXÓN CREATIVA

Formada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, a artista leva anos integrando o seu labor pedagóxico coa súa inquietude artística. A través da exposición AlegrArte, quere trasladar a alegría que lle produce o acto creativo, xa sexa a través da pintura, a escultura ou outras formas de expresión. “Procuro transmitir esa emoción ao espectador e provocar algún tipo de resposta. Ese feedback é o que realmente pecha o ciclo da obra”, afirma.

TRAXECTORIA ARTÍSTICA CON RAÍCES GALEGAS

Natural da Coruña pero criada en Ponferrada, María José Rodríguez reside actualmente en Vilagarcía de Arousa, desde onde mantén unha activa participación en certames e exposicións de toda Galicia. Desde 2019, ten participado en numerosas mostras colectivas e individuais, tanto dentro como fóra da comunidade.

O Centro Empresarial do Tambre, ademais do seu labor como espazo profesional e formativo, vén apostando pola difusión cultural, acollendo actividades que achegan a arte e a creación ao tecido empresarial da comarca compostelá. Con esta mostra, a entidade reforza esa liña de traballo, abríndose ao diálogo entre mundo artístico e empresarial.

A entrada á exposición é libre e gratuíta.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here