InicioCULTURAA loita das 'Desterradas' pasa polo Teatro Principal cun thriller conventual

A loita das ‘Desterradas’ pasa polo Teatro Principal cun thriller conventual

A obra de Carme Varela encheu o teatro cunha peculiar historia de monxas

Publicado o

Por David Marante Manteiga

Catro monxas do sur de Galicia, concretamente do mosteiro de Albeos á veira do Miño, viven tranquilamente, gardan as colleitas para comer o resto do ano, cóntanse historias e, como non, rezan. Este grupo de mulleres deberá de loitar contra os intereses da Coroa de Castela e cos intereses do Papado, institucións que pretenden desterrar a todas as monxas bieitas dos seus mosteiros para envialas a Santiago de Compostela, quedándose así cos seus foros.

Cun carácter de Thriller mesturado con toques cómicos as protagonistas irán afrontando a noticia e preparándose para a chegada dos súbditos da coroa, aflorando entre elas disputas e unha conciencia revolucionaria. Por un lado están aquelas monxas cun carácter máis tradicional que aceptan o seu destino, pero a máis maior, quen xa fora desterrada outras veces en épocas de pestes, négase a abandonar o seu mosteiro, a súa aldea e ao neno mártir San Paio.

Esta comeza a personificar aqueles sentimentos de rabia e  frustración ante a inxustiza, transmitidos por un discurso que busca abrir os ollos das demais, permitíndonos coñecer a historia de outras mulleres que foron xulgadas de forma fraudulenta e por tanto destituídas ou asasinadas. Deste xeito ábrense nesta obra diversos debates morais como a obediencia cega contra os valores persoais, o constante estado de autocastigo e autocensura propio das monxas contra a toma das súas decisións, a liberdade das mulleres na igrexa en contra dos poderes da inquisición, etc.

Finalmente a historia desta monxa remata co pecado último, o suicidio, nun acto de subversión ante o poder que pretendía separala da súa fe decidindo non renunciar a ela e permanecer no convento para a eternidade.

A historia está baseada en feitos reais, acontecidos no Mosteiro de Albeos, onde a autora escribe nun texto teatral a historia de resistencia destas monxas, representadas por unhas incribles Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, María Costas e Víctor Mosqueira. Ademáis esta obra permitíulle a Carme Varela a autora gañar o Premio Álvaro Cunqueiro a texto teatral.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago coloca unha placa na casa natal de Alfredo Vicenti tras as peticións do Ateneo

O Concello de Santiago colocou este sábado unha placa conmemorativa na casa natal do...

A Banda Municipal de Santiago une música e ilustración nunha tempada con Kiko da Silva como colaborador

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela dedicará a súa tempada 2026-2027...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here