InicioCULTURA(AXENDA) Miriam Rodríguez, entroidos rurais e máis plans para esta fin de...

(AXENDA) Miriam Rodríguez, entroidos rurais e máis plans para esta fin de semana

Dende o contacontos infantil na Biblioteca Ánxel Casal ata o fútbol en San Lázaro, Santiago ofrece unha variada axenda de ocio para o 8 e 9 de marzo

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández
  • Festas e eventos

Entroidos rurais de Compostela: O sábado 8 de marzo, de 17:00 a 18:30 horas, terá lugar o desfile dos Entroidos Rurais de Compostela coa participación da GBMT Brincadeira. O percorrido incluirá a rúa do Home Santo, rúa da Cruz de San Pedro, praza do 8 de marzo, praza de Salvador Parga, praza de Santo Agostiño, praza de Cervantes, praza da Quintana, praza das Praterías e praza do Toural. O evento é de acceso libre e para todos os públicos.

 

 

Cartaz do Entroido 2025 de Santiago de Compostela – Concello.
  • Música

Miriam Rodríguez en concerto – ‘Línea Roja Tour’: O sábado 8 de marzo, ás 20:30 horas, a cantante Miriam Rodríguez actuará no Auditorio de Galicia dentro da súa xira ‘Línea Roja Tour’. No concerto, presentará en directo as cancións do seu novo disco, ademais doutros temas destacados da súa traxectoria musical. As entradas están dispoñibles na plataforma Ataquilla.com, cun prezo de entre 25 e 35 euros. O evento é apto para todos os públicos.

 

A cantante Míriam Rodríguez – Ticketmaster
  • Teatro e espectáculos

A burra, a mesa e o pau: O sábado 8 de marzo, ás 18:00 horas, o Salón Teatro acollerá a representación da obra ‘A burra, a mesa e o pau’, unha produción do Centro Dramático Galego dirixida por Lorena Conde. A peza teatral aborda a precariedade e a esperanza en solucións máxicas a través da historia dunha familia obreira galega. A obra, recomendada para maiores de 12 anos, ten unha duración de 100 minutos e inclúe servizos de accesibilidade, como interpretación en lingua de signos e audiodescrición. As entradas están dispoñibles a un prezo de 6 euros.

 

Teatro ‘A burra, a mesa e o pau’ – CompostelaCultura.
  • Infantil

A boneca de trapo: O sábado 8 de marzo, ás 12:00 horas, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acollerá o contacontos ‘A boneca de trapo’, a cargo de Aida Cobas. A actividade relata a historia de Mara e a súa avoa Lola, que a través dunha boneca de trapo descobren a vida de mulleres que cambiaron a historia, influíndo na visión de Mara e no futuro da súa boneca. O evento desenvolverase no salón de actos, está dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

 

Aida Cobas, contacontos de ‘A boneca e o trapo’ – Cultura.gal
  • Deporte

Partido SD Compostela vs Oviedo: O domingo 9 de marzo, ás 17:00 horas, a SD Compostela enfrontarase ao Real Oviedo no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, nun encontro correspondente á competición de liga. O partido chega nun momento crucial para ambos equipos, cunha SD Compostela que busca sumar puntos importantes en casa. As entradas poden adquirirse na billeteira do estadio o mesmo día do partido ou a través da web oficial do club, con prezos variables segundo a zona do estadio. O evento é apto para todos os públicos.

Estado Multiusos Fontes do Sar – SD Compostela.

 

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here