InicioCULTURAUxía abre en Santiago a xira 'Será por Flores' polos seus 40...

Uxía abre en Santiago a xira ‘Será por Flores’ polos seus 40 anos de carreira musical

O concerto celebrarase o domingo 16 de marzo na Sala Ángel Braxe do Auditorio de Galicia, con convidados especiais e unha proposta escénica innovadora

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A cantante galega Uxía celebrará os seus 40 anos de carreira musical cun concerto en Santiago de Compostela o vindeiro domingo 16 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia. O evento marcará o inicio da súa nova xira titulada ‘Será por Flores’, que percorrerá diferentes cidades de Galicia e Portugal, con posible proxección internacional.

A concelleira de Cultura, Míriam Louzao, acompañada polo director xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentou o concerto destacando o papel de Uxía como “unha das grandes referentes da música galega” e a súa “incansable andaina a prol da lingua, da música e da cultura galegas”. Louzao animou a todos os composteláns e visitantes a asistir ao concerto e destacou a importancia de encher a sala para seguir apoiando a cultura local.

Uxía, coñecida pola súa capacidade para tecer pontes entre culturas e renovar as raíces populares cunha sensibilidade contemporánea, contará no escenario con convidados especiais. Entre os artistas que compartirán a noite con ela destacan Guadi Galego, Tanxugueiras, Budiño, Javier Ruibal, João Afonso e Quim Farinha, ademais das súas irmás Xuxa e Ana Senlle. Tamén estarán presentes Sergio Tanus na guitarra, Santi Criveiro no acordeón e Isaac Palacín na percusión, coa dirección musical a cargo de Pablo Novoa.

A propia Uxía expresou a súa emoción por iniciar a xira en Santiago, unha cidade que considera “a súa casa”, e avanzou que o concerto será “unha viaxe no tempo” polas súas cancións máis emblemáticas, ademais de presentar novas composicións. “Será unha posta en escena coidada e innovadora, dirixida pola Conversas Creativas, pola Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, e irá do máis íntimo ao máis coral”, detallou.

As entradas para o concerto están dispoñibles a través da plataforma compostelacultura.gal e na Zona C da Praza de Cervantes. O director xerente do Auditorio, Xaquín López, subliñou o esforzo da institución por apoiar este tipo de producións culturais, destacando que a música galega vive un momento de recoñecemento e que Uxía é unha das principais artífices deste éxito.

Ademais, a artista compartiu que o nome da xira, ‘Será por Flores’, reflicte o seu sentimento de “renacer musical” despois de 40 anos de carreira, e avanzou que se estreará un videoclip dunha nova canción que resume o seu percorrido vital e profesional.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here