InicioCULTURAA Banda da Loba presenta 'Lovismo', o seu novo álbum

A Banda da Loba presenta ‘Lovismo’, o seu novo álbum

Lovismo é quinto proxecto desta banda

Publicado o

Por David Marante Manteiga

O pasado sábado acercámonos á Capitol para ir ao estreo do novo álbum da Banda da Loba. ‘Lovismo’ recolle según din as propias artistas todas aquelas formas de amor, ás amigas, á familia, á terra e a nos mesmas/os. Ao longo do concerto foron tocando as novas pezas pero deixaron tamén espazo para aquelas cancións que formaron parte do seu camiño. Ademais tiveron como invitados/as a Tomé Mouriño, De Vacas, Adrián Real, Lara Porto, Diego Suárez e Cristóbal Fernández.

Unha vez rematado o concerto tivemos a oportunidade de facer unha pequena entrevista con Iria de Cabo (Guitarra) e Estela Rodríguez (Violín), con elas conversamos sobre o significado do álbum e tamén nos contaron que foi o primeiro concerto de Iria na Banda. Tamén profundizamos en como é a composición detrás das súas cancións, abríndose a novos ritmos pero mantendo o seu son tan propio. Ambas músicas non quixeron abrirse a contarnos futuras colaboracións, pero si que mencionaron algúns dos seus estilos e artistas máis escoitados, se queredes saber máis podedes ver o vídeo.

O proxecto Lovismo contou coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here