InicioCULTURAFin de exames e os destinos dos estudantes esta fin de semana

Fin de exames e os destinos dos estudantes esta fin de semana

Esta semana remataron os exames finais na Universidade e estas son algunhas das opcións que tomaron os estudantes para disfrutar desta fin de semana antes de volver este martes ás aulas

Publicado o

Xornal de Compostela

Esta semana finalmente remataron os exames finais e os universitarios só queren desfrutar dos últimos días antes de volver ás aulas este martes 28 de xaneiro tras o festivo da Universidade polo patrón do estudantado: Santo Tomás de Aquino.

Entre as opcións para desconectar moitos volveron á casa para descansar, pasar tempo cos seus amigos e familias antes de volver e sobre todo recuperar as horas de sono que os inmensos temarios arrebataron a moitos estudantes durante estas última semanas.

Para aqueles que quedaron na cidade universitaria puideron asistir a algún dos catro concertos de Baiuca na Sala Capitol, pois este artista acaparou o recinto conseguindo agotar as entradas das catro datas. Tamén houbo moitas celebracións de fin de exames en pubs e discotecas como Tarasca, Circus, Vanitas e Chanteclair, onde sucedeu a esperada macrofesta organizada por Salseo Usc.

Ademais dos estudantes de Erasmus que aproveitaron para facer a última viaxe antes de regresar aos seus países, algúns estudantes locais quixeron irse lonxe para despexarse. Entre as opcións máis baratas que houbo para esta fin de exames con saída do aeroporto de Santiago de Compostela foron algunhas das illas do noso país: Santa Cruz de Tenerife (con tarifas desde 30 euros para os avións de ida de volta), As Palmas de Gran Canaria (30 anos) e Lanzarote (30 anos). Dentro da península tivemos outros destinos tamén moi asequibles como Valencia (36 euros) e Madrid (38 euros).

A continuación amosamos unha gráfica cos datos recollidos a partir dun cuestionario realizado a estudantado da Universidade de Santiago.

Gráfico encuesta fin de exámenes a estudantes da USC

ÚLTIMAS

Diego Adrián Mallo presenta a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN para 2027

Diego Adrián Mallo presentou este sábado de maneira oficial a súa candidatura á Alcaldía...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Ryoichi Kurokawa volve a Curtocircuíto cun programa de concertos audiovisuais que conecta son, imaxe e tecnoloxía

Curtocircuíto reforzará nesta edición a súa liña dedicada á creación audiovisual en directo cunha...

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou...

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here