InicioCULTURACompostela conmemora os 75 anos do pasamento de Castelao cun acto no...

Compostela conmemora os 75 anos do pasamento de Castelao cun acto no Panteón de Galegos Ilustres

A homenaxe contará cun acto musical, intervencións institucionais e unha ofrenda floral conxunta

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela acollerá mañá, martes 7 de xaneiro, un acto cívico en recordo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento en Bos Aires. A conmemoración terá lugar no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, a partir das 12:00, e contará coa organización da Fundación Castelao, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego.

A homenaxe comezará cun recital musical a cargo da soprano Beatriz Riobó Agulla, acompañada por Fernando Raña Barreiro á frauta e Alba Barreiro Mariño á arpa, quen interpretarán pezas populares galegas. Posteriormente, o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, dará a benvida en nome das tres entidades organizadoras.

A continuación, terá lugar unha ofrenda floral conxunta, na que participarán representantes da Xunta de Galicia, o Parlamento galego, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e as institucións convocantes. A Asociación do Traxe Galego colaborará tamén neste tributo.

Este acto adquire especial relevancia no marco da declaración do Ano Castelao 2025 por parte da Xunta de Galicia. A celebración busca lembrar a figura de Castelao como un símbolo central da historia contemporánea de Galicia e resaltar a súa transcendencia no ámbito cultural, político e artístico.

O evento está aberto á participación de todas as persoas interesadas, promovendo a implicación cidadá nunha homenaxe que reunirá representantes de múltiples institucións e entidades galegas.

ÚLTIMAS

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

Santiago iniciará en xaneiro a reurbanización da rúa de Mallou cun investimento de 1,3 millóns de euros

O Concello de Santiago prevé iniciar a mediados de xaneiro de 2027 as obras...

Borja Verea acusa o Goberno de Santiago de ser “cómplice” dos incidentes durante a folga xeral

O presidente do Partido Popular de Santiago e candidato á Alcaldía, Borja Verea, criticou...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

A galería DUPLA inaugura este venres ‘Un corpo propio’, unha exposición de Yolanda Dorda sobre o corpo feminino

A galería DUPLA de Santiago de Compostela, situada no número 9 da rúa Fonte...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here