InicioCULTURA(VÍDEO) DeNinghures revive a atmosfera das foliadas na Igrexa da USC e...

(VÍDEO) DeNinghures revive a atmosfera das foliadas na Igrexa da USC e adianta a estrea dun novo single

O grupo cóntanos en primicia a data de lanzamento do seu próximo single

Publicado o

Por David Marante Manteiga

O xoves Xornal de Compostela achegouse á igrexa da Universidade de Santiago para asistir ao concerto de DeNinghures, unha banda galega creada por oito mozos e mozas que buscan a través do seu proxecto musical revivir a atmosfera das foliadas. Polo tanto podemos definir o seu estilo como tradicional, invitándonos a compartir e desfrutar a nosa cultura e a nosa lingua.

No concerto non só nos tocaron os seus maiores éxitos, se non que tamén houbo espazo para sorpresas coa aparición de Ortiga, co que tocaron a versión en galego de ‘A Santiago voy’ de Los Tamara e a maiores unha das súas últimas cancións ‘A nosa verbena’. O ambiente onírico da igrexa cautivou a todas as persoas que asistiron, conseguindo numerosas ruadas de xente bailando ao ritmo dos seus temas, sendo algúns dos máis coñecidos ‘Morena’, ‘Alento’ ou o seu último lanzamento ‘Poço’.

Unha vez rematado tivemos a oportunidade de falar con dous dos seus integrantes, Hadrián García e Manuel Lucas, este último desvelounos algunha primicia sobre o futuro lanzamento do seu novo single: este vindeiro xoves 21 de novembro. Ademais ensináronnos os seus puntos favoritos para sacar de foliada e falamos de outros artistas aos que lles gustaría ver tocar na igrexa destacando a Grande Amore e a Rodrigo Cuevas. Estas e máis preguntas, así como os seus puntos favoritos poderédelos ver no vídeo publicado nas nosas redes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here