InicioCULTURAO Museo do Pobo Galego inaugura unha exposición sobre a epigrafía funeraria...

O Museo do Pobo Galego inaugura unha exposición sobre a epigrafía funeraria en galego

A mostra 'Palabra e Memoria' visibiliza o uso do galego en lápidas grazas ao traballo do IES Perdouro de Burela

Publicado o

Xornal de Compostela

Este mércores, 6 de novembro, ás 18 horas, o Museo do Pobo Galego abrirá as portas á exposición ‘Palabra e Memoria’, unha iniciativa do IES Perdouro de Burela centrada na normalización da epigrafía funeraria en galego. A exposición, que estará dispoñible ata o 29 de decembro, amosa o labor de documentación realizado polo alumnado do instituto burelao desde 2003, no marco do Modelo Burela de Planificación Lingüística.

A mostra incorpora o traballo fotográfico da xornalista gráfica Pepa Losada, co apoio de María Mon e Aida López, para reflectir a presenza do galego nas lápidas, un ámbito onde a lingua permanecera ausente durante séculos. Esta documentación busca promover o uso do galego para expresar de maneira propia e sentida as emocións de lembranza cara aos seres queridos falecidos.

O proxecto conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Deputación de Lugo e o Concello de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here