InicioCULTURAO Son do Camiño volverá os próximos 12, 13 e 14 de...

O Son do Camiño volverá os próximos 12, 13 e 14 de xuño de 2025

É o maior evento de pago do norte peninsular e congrega a unhas 130.000 persoas anualmente

Publicado o

Xornal de Compostela

A sexta edición do festival O Son do Camiño celebrarase os próximos días 12, 13 e 14 de xuño no Monte do Gozo de Santiago de Compostela. Así o anunciaron os promotores do festival, as empresas galegas Bring The Noise e Esmerarte Industrias Creativas, que avanzaron que nos próximos días irán anunciando as primeiras novidades.

Desde a súa creación en 2018, O Son Do Camiño vendeu decenas de miles de entradas o mesmo día da súa posta á venda, esgotando abonos en horas. Este festival, apoiado pola Xunta, naceu co obxectivo de pór a Galicia no mapa do turismo musical nacional así como promocionar dous dos principais estandartes da cultura galega: o Camiño de Santiago e o Ano Santo. Os promotores destacan que, ao longo dos anos, O Son Do Camiño erixiuse como un dos motores turísticos máis importantes non só de Santiago de Compostela, senón de toda Galicia.

Neste sentido, sinalan que, con máis dun 41 % do seu público procedente de fóra de Galicia, incluíndo países como Reino Unido, Portugal, Suíza e Italia, na súa edición de 2024, O Son Do Camiño é o evento de pago máis grande do norte de España con preto de 130.000 asistentes anualmente. Así, consolidouse como un dos eventos máis destacados a nivel nacional e, sen dúbida, é un dos festivais de gran formato máis recoñecidos.

ÚLTIMAS

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no...

O Concello inclúe no rexistro de inmobles a rehabilitar un edificio en ruínas da Caramoniña e deberá sacalo a poxa

O Concello de Santiago incorporou ao Rexistro municipal de soares e edificacións que cómpre...

O PSOE levará ao Pleno unha proposta para reformar as axudas ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á...

Un mural no Castiñeiriño visibiliza a realidade das persoas con dano cerebral adquirido

A rúa do Castiñeiriño conta estes días cun novo mural destinado a dar visibilidade...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...