InicioCULTURAA Xunta inaugura en Santiago unha exposición sobre a literatura fantástica galega

A Xunta inaugura en Santiago unha exposición sobre a literatura fantástica galega

A mostra recolle o legado literario e internacional do xénero fantástico a través de 100 pezas bibliográficas e ilustracións

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xunto ao director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou esta tarde na Biblioteca de Galicia a exposición Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego, un percorrido pola literatura fantástica galega e a súa interconexión co panorama internacional. A mostra, enmarcada na programación do Día das Bibliotecas, exhibe máis de 100 pezas bibliográficas, manuscritos e ilustracións que destacan o papel de Galicia como berce de lendas e creacións literarias de fantasía, segundo indicou López Campos, quen lembrou a riqueza cultural galega como “terra de lendas e tradicións”.

A exposición ofrece un amplo percorrido que abarca autores clásicos galegos como Vicente Risco, Castelao, Ánxel Fole, ou Cunqueiro, quen puxeron as bases para este xénero en galego. Seguen obras de autores como Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz e Suso de Toro, que renovaron o xénero nos anos posteriores á ditadura, e tamén se inclúen creacións contemporáneas de escritoras como María Reimóndez, Patricia A. Janeiro e Lara Dopazo. Destaca tamén a presenza de Boadicea Editora, unha editorial actual dedicada exclusivamente á literatura fantástica en galego.

Na vertente internacional, a exposición permite unha inmersión en obras de autores recoñecidos como J.R.R. Tolkien, Ursula K. Le Guin, Mary Shelley, Shirley Jackson, Edgar Allan Poe e H.P. Lovecraft. As ilustracións de Iago Torres París completan o contido, con capas e arte de edicións de literatura fantástica galega publicadas por editoriais como Contos Estraños e Galaxia.

A mostra estará aberta ao público ata maio e afonda en catro temas principais: a tradición popular galega, a fantasía, a ciencia ficción e o terror.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here