InicioCULTURAA obra 'Soños' aborda en Santiago a realidade da mocidade tutelada a...

A obra ‘Soños’ aborda en Santiago a realidade da mocidade tutelada a través do teatro

Máis de 250 estudantes asistirán á representación que inclúe unha reflexión posterior sobre os prexuízos sociais cara este colectivo

Publicado o

Xornal de Compostela

A obra Soños, unha peza teatral pioneira en Galicia, aborda a situación da mocidade tutelada e estrearase mañá, mércores 30 de outubro, no Auditorio ABANCA de Santiago. Este espectáculo, dirixido especialmente á xuventude, combina humor e crítica social para achegar ao público a realidade destes mozos e mozas, amosando os seus desafíos, aspiracións e temores. Máis de 250 estudantes de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato de Santiago, Vimianzo e A Estrada asistirán á representación.

A trama de Soños xorde do contacto directo do autor e a directora coa mocidade en vivendas tuteladas, coa intención de amosar a complexidade das súas vivencias. Ao finalizar a obra, unha educadora social de Igaxes compartirá unha reflexión co público sobre os estigmas sociais que afectan a este colectivo, e subliñará a importancia de ofrecer oportunidades antes de emitir xuízos preconceptuais. A través de exemplos, a intervención busca evidenciar o absurdo dos prexuízos que moitos destes mozos e mozas deben enfrontar diariamente.

Dentro da súa programación para escolares, a Obra Social de ABANCA Afundación promove as artes escénicas como unha ferramenta de educación en valores, sostibilidade e desenvolvemento de competencias sociais. Este curso escolar 2024-2025 contará con sete pezas escénicas orientadas a públicos desde infantil ata bacharelato, coa participación de 58.500 escolares de 466 centros educativos galegos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here