InicioCULTURAGadis distribúe gratuitamente un libro cos 95 microrrelatos finalistas do seu concurso

Gadis distribúe gratuitamente un libro cos 95 microrrelatos finalistas do seu concurso

A colección, centrada na temática 'Os inicios', estará dispoñible en puntos de venda en Galicia e Castela e León desde o 26 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

Gadis presentará este sábado, 26 de outubro, un libro que reúne os 95 microrrelatos finalistas e premiados da quinta edición do seu concurso, seleccionados entre máis de 2.000 textos participantes. Con tirada de 12.000 exemplares, o volume será distribuído de forma gratuíta ata fin de existencias nos seus puntos de venda en Galicia e Castela e León.

A través deste concurso, Gadis pretende animar á súa clientela a gozar da lectura mediante pequenas historias que capturan a atención en poucas palabras. Co tema ‘Os inicios’ como eixo central, os microrrelatos abordan situacións cotiás, fantásticas, humorísticas e realistas, mantendo a esencia de contar unha historia en menos de cen palabras.

Os exemplares imprentáronse en formato de peto, pensando na comodidade do lector, e tamén están dispoñibles en formato dixital, accesible para descargar en pdf a través da web gadismicrorrelatos.com. Con esta iniciativa, Gadis busca destacar a creatividade e dar voz a talentos anónimos, fomentando tanto a lectura como a escritura entre o público, que este ano bateu récord de participación.

Esta actividade, parte do compromiso cultural de Gadis, busca tamén apoiar o sector cultural e editorial. Ao longo do ano, a empresa ten distribuído máis de 70.000 exemplares con relatos breves e outros 360.000 libros con motivo do Día das Letras Galegas.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

A galería DUPLA inaugura este venres ‘Un corpo propio’, unha exposición de Yolanda Dorda sobre o corpo feminino

A galería DUPLA de Santiago de Compostela, situada no número 9 da rúa Fonte...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here