InicioCULTURAO Auditorio de Galicia acolle a estrea estatal de 'As bruxas de...

O Auditorio de Galicia acolle a estrea estatal de ‘As bruxas de Salem’ este sábado

A produción do Teatro Nacional São João de Porto chega a Santiago no marco da colaboración cultural entre Galicia e Portugal

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado 19 de outubro, ás 19:00 horas, o Auditorio de Galicia será o escenario da estrea estatal de As bruxas de Salem, unha produción do Teatro Nacional São João de Porto dirixida por Nuno Cardoso a partir do texto orixinal de Arthur Miller. A representación forma parte da colaboración entre o Centro Dramático Galego, o Concello de Santiago de Compostela e a escena teatral lusa, dentro da programación cultural Quintas do Camões.

Na presentación, o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, destacou o impulso ás coproducións entre Galicia e Portugal nos últimos anos. Nuno Cardoso explicou que a obra de Arthur Miller reflicte a paranoia social e política, tanto no contexto dos xuízos de Salem de 1692 como na persecución anticomunista do macarthismo nos anos 50.

O elenco conta con destacados actores como Ana Brandão e Jorge Mota, e a obra, que se representará en portugués con sobretítulos, ten unha duración de 155 minutos. As entradas están á venda a través das canles habituais de Compostela Cultura.

ÚLTIMAS

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación pola atención á diversidade

Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público...

O muro do antigo cemiterio de Bonaval derrúbase por acumulación de auga no terreo superior

Un treito do muro do antigo cemiterio de Bonaval, en Santiago de Compostela, veu...

A Policía Nacional instala unha carpa informativa exterior tras o incendio na comisaría

A Policía Nacional habilitará unha carpa no exterior da comisaría de Santiago de Compostela...

Augas de Galicia sanciona ao Concello de Santiago pola antiga depuradora de Sar

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, informou este venres da resolución emitida por Augas...

A XX edición de ‘Compostela Ilustrada’ desenvolve actividades gratuítas ata o 12 de marzo na sede de Afundación

A XX edición de ‘Compostela Ilustrada’ continúa en marcha ata o 12 de marzo...

Chévere estreará en Santiago a obra ‘Ictus’ sobre a memoria e Castelao

A compañía teatral Chévere presentará o vindeiro 20 de febreiro no Auditorio de Galicia...

O podcast ‘No es el fin del mundo’ aborda en Santiago a dimensión xeopolítica da física de partículas

O podcast ‘No es el fin del mundo’, un dos programas de divulgación máis...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here