InicioCULTURA(VÍDEO) AXENDA: Que facer esta fin de semana que cumpla coas tres...

(VÍDEO) AXENDA: Que facer esta fin de semana que cumpla coas tres ‘b’: bo, bonito e barato?

Hoxe Xornal de Compostela descúbreche os mellores plans para gozar en Santiago esta fin de semana sen gastar de máis

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Para quen busque actividades con nenos, ou mesmo para os que non o son tanto, o recinto feiral de Amio acolle o Diver Bounce, unha gran cama elástica de 500 metros cúbicos con percorridos e obstáculos. Se prefires unha opción máis tranquila, o sábado 12 comeza o Festival Internacional de Títeres Galicreques, con desconto para quen teña o Carné Xove.

No ámbito da maxia, Santiago acollerá o Festival Internacional de Maxia, que contará coa participación de magos de todo o mundo.

Os afeccionados á música poderán gozar esta fin de semana dos concertos Candlelight, que inclúen tributos a Coldplay e ao grupo sueco ABBA. Ademais, para os amantes da música clásica, o Festival Ateneo Barroco continuará ata o día 15 de outubro.

Por último, os afeccionados ao deporte teñen unha cita no Barrio de San Pedro, onde se celebrará a décima edición do Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago Corresan.

Fáltanos algún evento interesante? Déixanos as túas suxestións nos comentarios.

ÚLTIMAS

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

“Traballaba as 24 horas”: unha muller relata como foi traída desde Colombia e obrigada a prostituírse

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acolleu este...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Aberto26 abrirá a tempada da arte contemporánea con exposicións simultáneas en nove galerías galegas

A cuarta edición de 'Aberto' celebrarase do 17 ao 19 de setembro cun programa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here