InicioCULTURAA Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición 'Hormas', de Ramón...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Hormas’, de Ramón Álvarez

A mostra reúne 35 obras de artistas locais creadas a partir de hormas de zapato e poderá visitarse ata o 23 de novembro

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará mañá, 7 de outubro, ás 20:00 horas, a exposición titulada “Hormas”, unha mostra de fotografía, pintura e escultura que forma parte da colección ANDANTE, creada polo arquitecto Ramón Álvarez. A exposición estará aberta ao público no Centro Empresarial do Tambre ata o 23 de novembro, con horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas en visitala deberán concertar cita previa chamando ao teléfono 981 55 28 50.

A colección ANDANTE xira arredor da horma de zapato, utilizada como elemento integrador en diversas disciplinas artísticas, que van desde a pintura ata a fotografía, a escultura, o debuxo, ou mesmo a danza e a música. Esta iniciativa naceu en 2010 co Ano Santo Xacobeo e mantén a súa esencia de ser unha colección aberta, democrática e atemporal, que continúa medrando grazas á contribución de artistas dispostos a transformar hormas de zapato en pezas de arte.

Na mostra que se presenta en Santiago, poderanse contemplar 35 obras realizadas por artistas principalmente da zona, entre os que destacan nomes como Manuel Quintana Martelo, Masiá, Ramón Conde, Tino Canicoba, Suly Pereira, Lola Sanz, entre outros.

O creador da colección, Ramón Álvarez, é natural de Allariz e en 2017 fundou a Fundación Andante, coa finalidade de promover a arte, a cultura, o deporte e o espírito dos Camiños de Santiago. Grazas ao seu traballo, a colección ANDANTE acadou unha gran proxección, converténdose nun referente na promoción do arte contemporáneo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here