InicioECONOMÍAA Xunta e a Fondation Amigo amplían a formación dual intensiva á...

A Xunta e a Fondation Amigo amplían a formación dual intensiva á familia de Artes Gráficas no CIFP Compostela

O acordo beneficiou o curso pasado a 19 estudantes de FP en Santiago, con propostas de emprego para gran parte do alumnado

Publicado o

Xornal de Compostela

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, reuniuse hoxe cos representantes da Fondation Amigo, Nathalie Chaix, Juan Carlos Hergueta e Manuel Montesinos, para facer seguimento do acordo de colaboración coas escolas de FP de Santiago de Compostela. Este convenio, enmarcado na aposta do Goberno galego por potenciar a FP Dual Intensiva, permite que os estudantes combinen a súa formación con prácticas remuneradas en empresas. No encontro participaron tamén os directores dos centros integrados de FP de Compostela e Politécnico, Ramiro Esparís e Nicolás Espasandín.

O pasado curso, un total de 19 alumnos dos ciclos de grao medio en Atención a persoas en situación de dependencia e de grao básico en Carpintería e Moble beneficiáronse desta modalidade. Parte do alumnado recibiu ofertas de traballo nas empresas onde realizaron as prácticas, mentres que a maioría optou por continuar os seus estudos na FP galega.

Dado o éxito do programa, este ano a colaboración coa Fondation Amigo ampliarase á familia de Artes Gráficas no CIFP Compostela, segundo anunciou a directora xeral.

No caso do CIFP Compostela, oito alumnas do ciclo de grao medio en Atención a persoas en situación de dependencia completaron o programa e seis delas recibiron propostas de emprego. Empresas como Aspas, AGADEA, MISELA e delegacións de Servisenior en Santiago e Brión colaboraron nesta formación.

Pola súa banda, no CIFP Politécnico de Santiago, 11 alumnos de Carpintería e Moble participaron no programa, con dez titulados. Tres deles foron contratados polas empresas colaboradoras, entre as que destacan Carpidiser, Carpintería Marquéz, Carpintería Senin, e outras do sector.

A directora xeral destacou a importancia deste tipo de formación para mellorar as oportunidades laborais do alumnado e agradeceu a implicación das empresas que fan posible esta iniciativa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here