InicioSANTIAGOBRIÓNA Romaría de Santa Minia impulsa espazos libres de violencia no seu...

A Romaría de Santa Minia impulsa espazos libres de violencia no seu Punto Lila

O posto de sensibilización mantívose sen incidencias e seguirá operativo durante os concertos desta noite

Publicado o

Xornal de Compostela

A Romaría de Santa Minia, que se celebra no concello de Brión, conta por cuarto ano consecutivo cun Punto Lila para promover unhas festas libres de violencia machista e garantir a seguridade de mulleres e persoas LGTBIQ+. Segundo informou a concelleira de Igualdade, Rosa Romero, durante as dúas primeiras xornadas non se rexistraron incidentes, polo que o posto funcionou como punto de concienciación sobre a necesidade de que as festas sexan espazos seguros e respectuosos.

Romero indicou que “estas primeiras noites foron tranquilas e as persoas que se achegaron ao posto recibiron toda a información que precisaban”. Os folletos informativos, baixo o lema ‘As festas tamén son nosas’, proporcionaban detalles sobre como actuar en caso de presenciar ou sufrir unha situación de violencia e recomendacións para evitar comportamentos machistas. O Punto Lila permanecerá operativo hoxe durante os concertos de Astarot e Sr Salvaje, de 22:30 a 4:00 horas.

Peche de Romaría

A festa chegará ao seu final mañá, domingo 29 de setembro, cun programa cheo de actividades. O día comezará cos pasarrúas do grupo de gaitas Airiños do Paseo de Colón e a charanga Os Celtas. Ao mediodía, terá lugar a cuarta e última sesión do VIII Festival Monecadas, coa actuación de Títeres Alakrán, que representarán a obra “A Cuba!”, centrada na historia dun galego emigrado a Cuba a comezos do século XX.

Pola tarde, a sesión vermú estará protagonizada por artistas do Festival Brión Inclúe, entre eles a tiktoker Leti da Taberna, co seu espectáculo de narración oral de crítica social feminista, o grupo de batukada inclusiva Iguatuke, e a banda de rock Chungo Pastel, composta por persoas con diversidade funcional. O peche da xornada correrá a cargo do Festival de Bandas de Música, coas actuacións das bandas municipais de Brión e CMUS de Carballo, antes do concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here