InicioCULTURAA Real Academia Galega de Ciencias promove unha conferencia sobre o matemático...

A Real Academia Galega de Ciencias promove unha conferencia sobre o matemático José Rodríguez

O acto, parte das celebracións da G-Night 2024, destaca o papel de Rodríguez no establecemento do metro como unidade de medida

Publicado o

Xornal de Compostela

No marco das celebracións da ‘Noite Galega das Persoas Investigadoras 2024’ (G-Night), a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), celebrou o pasado venres unha conferencia baixo o título ‘O metro patrón calculado por un galego do século XIX’. O acto tivo lugar na sede de Afundación da rúa do Vilar, impartido polo investigador da Universidade da Coruña Xabier Pérez Couto.

A charla abordou a contribución de José Rodríguez González, coñecido como o “Matemático de Bermés”, un dos científicos europeos máis destacados da súa época. Rodríguez participou en proxectos de gran relevancia, como a medición do meridiano de Dunkerque a Barcelona, esencial para o establecemento do metro como unidade de lonxitude, un sistema que revolucionou as medidas universais.

Rodríguez enviou á Universidade de Santiago un metro de cobre subdividido en milímetros, que se custodia na facultade de Física. Ademais, contribuíu á demostración de que a Terra está achatada nos Polos, un feito probado por el mediante cálculos matemáticos en 1812. O evento é parte das actividades que a RAGC organiza para destacar a súa figura como “Científico Galego do Ano”.

ÚLTIMAS

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

O PP pide a convocatoria urxente do Padroado de Bando pola situación do refuxio de animais

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, anunciou que o seu grupo...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here