InicioSUCESOSOs bombeiros rescatan a unha persoa atrapada baixo unha furgoneta en Enfesta

Os bombeiros rescatan a unha persoa atrapada baixo unha furgoneta en Enfesta

O afectado quedou coa man atrapada ao romper o gato mentres cambiaba unha roda

Publicado o

Xornal de Compostela

Os bombeiros de Santiago interviñeron na tarde deste xoves para liberar a unha persoa que quedou coa man atrapada baixo unha furgoneta mentres cambiaba unha roda na parroquia de Enfesta. O incidente ocorreu cando o gato que utilizaba para elevar o vehículo se rompeu, provocando que a man do afectado quedase atrapada, segundo informou o 112 Galicia.

O aviso chegou ao servizo de emerxencias ao redor das 19:15, momento no que se activaron os recursos necesarios para atender ao herido. O 112 Galicia solicitou de inmediato a intervención dos bombeiros de Santiago, ademais do 061, para atender as posibles lesións. A información tamén foi compartida coa Policía Local e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago.

Os equipos de emerxencias desprazáronse ata o lugar, situado na rúa das Illas Baleares. Os bombeiros lograron liberar a man da vítima, que foi posteriormente trasladada polo persoal sanitario ao hospital de referencia para ser tratada das súas lesións.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here