InicioCULTURAO evento Sensoxenoma estudará os efectos da música nos xenes a través...

O evento Sensoxenoma estudará os efectos da música nos xenes a través de novas mostras biolóxicas

O evento Sensoxenoma estudará os efectos da música nos xenes a través de novas mostras biolóxicas

Publicado o

Xornal de Compostela

Este venres 27 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela a terceira edición do proxecto Sensoxenoma24, un evento pioneiro que combina música e ciencia. Organizado en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia e o Auditorio de Galicia, o proxecto busca analizar como a música afecta á expresión dos xenes a través de mostras biolóxicas recollidas antes, durante e despois do concerto. Desde o inicio do proxecto no ano 2022, xa se recolleron máis de 3.000 mostras de sangue e saliva.

Nesta nova edición, ademais da actuación da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Baldur Bronnimann, participará por primeira vez a Banda de Música de Santiago de Compostela. O concerto terá dúas partes musicais de 30 minutos cada unha, e os investigadores recollerán mostras de sangue, saliva e, por primeira vez, lágrimas dos asistentes voluntarios para comparar o impacto da música en diferentes tecidos biolóxicos.

Ademais, este ano tamén se introducirán sensores sen fíos para medir parámetros como a actividade electrodérmica, o ritmo cardíaco e a tensión arterial en tempo real. Segundo o catedrático da USC Antonio Salas, “este concerto experimental permitirá por primeira vez correlacionar datos fisiolóxicos con moléculas de RNA e proteínas, ampliando os horizontes da investigación biomédica”.

Os interesados poden inscribirse a través da web do proxecto Sensogenomics.com. Ademais, hai 800 entradas dispoñibles para o público xeral a un prezo de 5 euros nas billeteiras do Auditorio e en Compostela Cultura.

ÚLTIMAS

Cando o verde non chega: semáforos que tardan en cambiar e peóns que prefiren non agardar

Os tempos de espera nos semáforos de Santiago están a xerar un número crecente...

Adxudicada á empresa OHLA a construción do futuro edificio de Farmacia da USC

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) adxudicou a construción do futuro edificio que albergará a...

Rueda celebra o 90 aniversario do Aeródromo Militar de Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este sábado na Xornada de portas abertas...

Ferida leve unha condutora en Teo ao tentar evitar a caída por unha pendente do seu coche

Unha condutora resultou ferida de forma leve tras tentar parar a caída do seu...

Santiago de Compostela acolle o tradicional desfile do Día do Traxe Galego

O Día do Traxe Galego celebrará este domingo a súa 46ª edición en Santiago...

Cine ao aire libre na Alameda: unha semana de lembranzas, comunidade e mocidade baixo as estrelas

Baixo as estrelas de Compostela, e agradecidos por unha noite sen choiva, moitísimas persoas,...

Festas do Apóstolo: Sés, Baiuca e atraccións na Alameda cun cartel anunciador homenaxeando a Castelao

As festas do Apóstolo arrincan a próxima semana en Santiago de Compostela, cunha aposta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here