InicioSANTIAGOVAL DO DUBRAO proxecto de vertedoiro de Val do Dubra está aínda en proceso...

O proxecto de vertedoiro de Val do Dubra está aínda en proceso de tramitación

Así o manifestou o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, en resposta a unha pregunta formulada na Comisión 2ª do Parlamento galego este xoves pola deputada do PSdeG Patricia Iglesias, que advertiu do impacto do proxecto sobre a poboación e a actividade económica na zona

Publicado o

Xornal de Compostela

Xunta insistiu en que o proxecto de vertedoiro de residuos de Niveiro nunha antiga canteira en Val do Dubra está aínda en proceso de tramitación, pendente de resolver dous procedementos que aínda non saíron a información pública. Así o manifestou o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, en resposta a unha pregunta formulada na Comisión 2ª do Parlamento galego este xoves pola deputada do PSdeG Patricia Iglesias, que advertiu do impacto do proxecto sobre a poboación e a actividade económica na zona.

Na súa resposta, o representante da Xunta incidiu en que é “unha temeridade” anticipar o resultado dos procedementos dos expedientes de autorización do proxecto que, como remarcou, a Administración galega “está obrigada” a tramitar. Por unha banda, a iniciativa para empregar o oco deixado pola actividade mineira que operou desde principios dos anos 1980 para depositar residuos procedentes de obras está pendente de que se resolva o expediente do propio proxecto de “restauración” e a tramitación ambiental integrada do mesmo.

Como lembrou, a empresa promotora da iniciativa recorreu o informe municipal de Val do Dubra que negaba a posibilidade de implantar esta actividade na antiga canteira ata lograr un fallo en casación que deu a razón á compañía. Ante a demanda da deputada socialista de que o proxecto sexa tombado para evitar que se converta “nunha nova Miramontes ou Casalonga”, Fernández Davila subliñou que a Xunta esixirá o cumprimento da normativa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

O Concello limpa a Rocha Forte e prepara un contrato plurianual para o mantemento do xacemento

O Concello de Santiago completou este verán unha nova actuación de roza, limpeza e...