InicioSOCIEDADEUn porteiro dunha discoteca da rúa República Arxentina deberá indemnizar con 10.000...

Un porteiro dunha discoteca da rúa República Arxentina deberá indemnizar con 10.000 euros a un cliente que acabou atropelado tras un empuxón

O porteiro requiriu ao denunciante para que saíse do local, ao queixarse unha camareira do seu comportamento. No exterior, o cliente, que se atopaba "fortemente intoxicado polas sustancias que inxerira esa noite", tentou volver ao interior do establecemento, o que o acusado non lle permitiu. Un empurrón "non moi forte" fixo que saíse impulsado ata a calzada, por onde pasaba un coche

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena imposta pola Audiencia Provincial da Coruña ao porteiro dunha discoteca de Santiago, situada na rúa República Arxentina, por empuxar a un cliente que por mor desa agresión acabou atropelado por un coche que pasaba pola vía nese momento. O tribunal, que tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas, impúxolle o pago dunha multa de 1.080 euros, así como dunha indemnización de 10.147 euros como autor dun delito leve de malos tratos e un delito leve de lesións constitutivas de deformidade causadas por imprudencia menos grave, por propinar un empuxón a un cliente ao que impediu o paso ao establecemento en agosto de 2019.

A Sala considera probado que o porteiro requiriu ao denunciante para que saíse do local, ao queixarse unha camareira do seu comportamento, e acompañouno ata o exterior do establecemento. Na sentenza, ratificada polo TSXG, os maxistrados explican que unha vez alí, estando ambos na beirarrúa contigua ao local, o cliente, que se atopaba “fortemente intoxicado polas sustancias que inxerira esa noite”, tentou volver ao interior do establecemento, o que o acusado non lle permitiu. Ao insistir e facer o ademán de tentar entrar, o condenado, segundo a Sala, “propinoulle un empuxón non especialmente forte, pero que fixo que saíse impulsado cara atrás e retrocedese, cambaleándose ata caer sobre a calzada, por onde pasaba nese mesmo momento un vehículo”.

A condutora, a pesar de frear rapidamente, non puido evitar atropelalo, segundo a resolución. Para a recuperación das lesións, a vítima requiriu 48 días, 10 dos cales estivo impedida para desenvolver a súa ocupación habitual e un deles foi de ingreso hospitalario. Como secuelas quedan, ademais da perda dunha peza dental e danos nos dentes, cicatrices no segundo dedo da man e na crista ilíaca esquerda. “O recorrente pretende lexítima, pero infructuosamente, deconstruir a proba de forma fragmentaria, para buscar gretas na valoración que efectúa a Sala, pero a conclusión á que chega a sentenza é incontestable, e resulta dunha ponderación conxunta dun arsenal probatorio con tal capacidade de convicción, o que leva a establecer que foi o acusado, e non outra persoa de trazos físicos similares, o autor dos feitos, quedando descartada a tese introducida de que fose un terceiro porteiro“, explica o TSXG no fallo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...