InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames lanza novos cursos de alfabetización dixital para o...

O Concello de Ames lanza novos cursos de alfabetización dixital para o último trimestre de 2024

A programación inclúe actividades para adultos e menores e a preparación para a certificación COMDIX

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames presentou hoxe a nova programación de actividades da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que se desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro. O anuncio fíxose nun acto celebrado na Casa da Cultura do Milladoiro, onde o alcalde de Ames e concelleiro de Tecnoloxías da Información, Blas García, destacou a importancia desta oferta formativa para mellorar as competencias dixitais da veciñanza.

A técnica responsable da AMTIC, Almudena Caamaño, explicou que se busca “ofrecer actividades tanto para adultos como para menores, con diferentes temáticas que atraian a diversos sectores da poboación”. Entre as principais novidades, Caamaño subliñou os cursos de preparación para a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais (COMDIX), que buscan mellorar a preparación dos participantes de cara á proba.

Estefanía Muíño, de Estudios Rafer, entidade encargada da xestión das actividades, sinalou que a formación é un importante recurso de conciliación para as familias, ademais de facilitar o acceso ás instalacións da AMTIC.

A programación inclúe cursos de alfabetización dixital en diversas parroquias de Ames, como Agrón, Tapia, Augapesada e Ortoño, ofrecendo un total de 108 prazas. Tamén haberá cursos para nenos e adultos na propia AMTIC, incluíndo temáticas como a administración electrónica e as compras seguras en internet.

As inscricións están abertas ata o 16 de outubro e pódense realizar a través do enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal ou no teléfono 674 594 843.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here