InicioECONOMÍAComeza en Compostela un novo curso de aspirantes a maquinista

Comeza en Compostela un novo curso de aspirantes a maquinista

Vinte alumnos prepararanse no Centro de Formación de Renfe para obter a licenza e o diploma

Publicado o

Xornal de Compostela

Este mércores 18 de setembro arranca no Centro de Formación de Renfe en Santiago de Compostela un novo curso da Escola Técnica Profesional de Condución e Operacións (ETPCO) para aspirantes a maquinista. Vinte alumnos integran o grupo que se formará na capital galega, parte da XVIII Promoción do curso, no que participan un total de 300 alumnos en 11 campus de todo o país.

O obxectivo do curso, que rematará en xullo de 2025, é proporcionar a formación necesaria para que os alumnos obteñan a licenza e o diploma que lles permitirá exercer como maquinistas. O programa formativo inclúe un total de 1.150 horas, das que 250 horas serán dedicadas á condución efectiva de trens, unha experiencia práctica fundamental para a súa cualificación final.

Ademais de Santiago, o curso tamén se desenvolverá en cidades como Madrid, Barcelona, León, Sevilla, Valencia ou Oviedo. O Centro de Formación de Madrid é o que conta cun maior número de alumnos, con 75 aspirantes.

Para acceder ao curso, os participantes deben ter o título de Bacharelato ou de técnico de Formación Profesional e ter cumpridos 20 anos ao finalizar a formación. O Grupo Renfe ofrece tamén facilidades para a financiación do curso a través de entidades financeiras colaboradoras.

Con esta promoción, Renfe chegará a formar máis de 4.500 aspirantes a maquinista dende 2007, contribuíndo a cubrir as necesidades da súa plantilla e reforzando o seu equipo de profesionais cualificados no sector do transporte e da mobilidade.

ÚLTIMAS

Rocío Núñez Rúa, candidata da Fronte Ampla ao Senado: “Hai que limitar o alugueiro para que non supoña máis dun 25 % do salario”

Rocío Núñez Rúa concorre ás eleccións xerais do próximo 29 de novembro como candidata...

Unha focha na avenida de Barcelona obriga a desviar o tráfico nas inmediacións do CHUS

A aparición dunha focha que afecta a unha superficie duns 12 metros cadrados na...

O movemento feminista de Compostela convoca unha manifestación unitaria contra as violencias machistas polo 25N

O movemento feminista de Compostela volverá saír ás rúas este mércores, 25 de novembro,...

Sindo Guinarte reivindica os avances en igualdade do Goberno de Sánchez fronte ás políticas de PP e Vox

O concelleiro socialista de Santiago de Compostela e candidato ao Senado pola provincia da...

Santiago adxudica a nova iluminación de Praterías

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 23 de...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here