InicioPOLÍTICARueda defende que a taxa turística debería solucionar os problemas de afluencia...

Rueda defende que a taxa turística debería solucionar os problemas de afluencia en Santiago

A alcaldesa están pendente de "cadrar axenda" para confirmar se irá ela mesma á reunión

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reafirmou a súa posición respecto á posible implantación dunha taxa turística en Santiago de Compostela, un día despois de asegurar que non ve “inconveniente en aprobala”. Nunha declaración aos medios, Rueda indicou que, se finalmente se establece esta medida, o goberno local de Santiago, liderado por Goretti Sanmartín (BNG), tería que dar por “solucionados os problemas” vinculados á afluencia de visitantes.

Rueda destacou que as “razóns” esgrimidas polo goberno local para solicitar a taxa turística céntranse na necesidade de obter un financiamento que cubra os gastos derivados do turismo, actividade que, segundo recoñeceu, “ten moitos beneficios”. Neste contexto, á espera da resposta formal da Xunta, que se tratará nunha reunión este venres, o presidente sinalou que “é lóxico” que unha taxa turística se estableza precisamente para atender esas necesidades derivadas do aumento de visitantes.

O presidente autonómico tamén insistiu en que a posible implantación da taxa conlevaría a responsabilidades por parte do Concello de Santiago, xa que este sería o encargado de determinar como xestionar eses ingresos adicionais. “Ata o momento, o Concello presentou a taxa como a solución a certos problemas ligados á afluencia turística”, destacou Rueda, engadindo que “se finalmente hai taxa, os problemas deberían quedar solucionados e o goberno local tería que asumir esa responsabilidade”.

A ALCALDESA PENDENTE DE “CADRAR AXENDA”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, dixo que lle “sorprende” que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “parece que non vai estar” na reunión convocada para este venres para abordar a taxa turística. Sobre se acudirá ela mesma, a rexedora está aínda pendente de “cadrar axenda” para confirmalo.

“O que realmente me sorprende e me extraña é que, nunha cuestión tan relevante como esta, como é a posibilidade de ter o imposto por estancia turística en marcha, que o presidente da Xunta parece que non vai estar”, criticou a rexedora, quen tamén cuestionou que os “comentarios” sobre a postura da Administración autonómica fáganse “a través dos medios”.

Goretti Sanmartín lembrou que o Concello remitiu en xullo un informe e unha proposta lexislativa para pór en marcha esta medida, pero a Xunta pediu “reformar” ese esquema. A alcaldesa asegurou que a taxa “xa podería estar en marcha”, pero confía en que a Administración autonómica diga “que si finalmente” para que sexa unha realidade.

Ademais, Sanmartín espera ser recibida por Rueda para abordar non só este asunto, senón tamén “outros temas de relevancia”, por exemplo o financiamento por capitalidade.

“CUSTOS ENGADIDOS ADICIONAIS”

Tamén falou sobre este asunto a primeira tenente de alcaldesa, María Rozas, quen sinalou que a “presión” turística que soporta a cidade leva uns “custos engadidos adicionais” que non se poden considerar puramente turísticos, por exemplo en limpeza e seguridade cidadá. Precisamente, a postura da Xunta sobre a taxa turística é a de que o recadado deberíase destinar, no seu maior parte, ao propio sector.

Rozas, a falta de coñecer “os detalles” que trasladará a Xunta nesa reunión do venres, xa advertiu que os “gastos engadidos” das cidades turísticas tamén son en cuestións como a limpeza. No entanto, a dous días dese encontro co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, a tenente de alcaldesa mostrouse “satisfeita” por que a Xunta se abra a implantar a taxa.

Neste sentido, reivindicou que “foi Compostela Aberta” –formación que gobernou Santiago, con Martiño Noriega á fronte, entre 2015 e 2019, e que agora forma parte do bipartito xunto co BNG de Goretti Sanmartín– a “primeira organización política que puxo ese tema sobre a mesa”.

“E daquela, tamén hai que dicilo, ninguén o compartía ou moi poucos o compartían. Fomos moi criticados nese momento, fomos tachados de turismofóbicos por defender algo que estaba implementado en moitos outros concellos, en moitos outros lugares, como sabemos, dos Estados español. Pero, sobre todo, fóra de España”, explicou.

Por tanto, tras destacar que Compostela Aberta “no seu momento foi valente”, María Rozas cualificou como “un logro” e “un momento de celebración” que agora a Xunta se mostre favorable a implantar a taxa. “Despois, xa miraremos os detalles”, resolveu.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...