InicioCULTURAA Casa do Rock organizará unha macroactuación no Monte do Gozo

A Casa do Rock organizará unha macroactuación no Monte do Gozo

O evento contará con máis de 500 participantes e forma parte do Festival Go!Go!Zo!

Publicado o

Xornal de Compostela

A escola de música A Casa do Rock pechará o Festival Go!Go!Zo! cunha macroactuación no Monte do Gozo, o próximo domingo 22 de setembro, na que participarán máis de 500 amantes do rock de Galicia. A iniciativa, apoiada pola Xunta de Galicia, foi presentada hoxe polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañado polo organizador do festival, Julio Asorey, e un dos fundadores da Casa do Rock, Adrián Hernández.

Durante o acto, Valentín García destacou a importancia do evento para promover o uso da lingua galega a través do rock, así como o papel das escolas de música que incorporan o galego nos seus proxectos creativos. “Este tipo de iniciativas contribúen a crear canteira e a dar visibilidade ás novas promesas da música en Galicia”, explicou García, quen tamén agradeceu o traballo de Go! Go! Zo! e da Casa do Rock por apoiar as bandas noveis e achegalas ao público.

Inscrición aberta para participar

O festival comezará ás 16:00 horas e calquera persoa poderá unirse á macroactuación, xa sexa coa súa voz ou cun instrumento. Para participar, é necesario inscribirse no sitio web oficial da escola e descargar as partituras das versións en galego de temas clásicos do rock como Born To Be Wild de Steppenwolf ou Believer de Imagine Dragons.

Ademais do macroconcerto, o evento incluirá actuacións de sete grupos noveis galegos que presentarán as súas creacións e talento, entre eles Rocke Experience, The Ages e Hombres Hell.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here