InicioSANTIAGOAs longas colas na estación intermodal durante a fin de semana provocan...

As longas colas na estación intermodal durante a fin de semana provocan queixas dos estudantes

A falta de reforzos nos autobuses e trens no inicio do curso causa frustración e demoras entre os usuarios, maioritariamente estudantes universitarios

Publicado o

Xornal de Compostela

Esta primeira fin de semana do curso universitario fixo repetir en Santiago as imaxes de longas colas e frustración entre os usuarios da estación intermodal, a maioría deles estudantes. Con trens completos nas liñas cara a Vigo e A Coruña, a alternativa foi o autobús, o que provocou un colapso nas taquillas da terminal de buses. A partir das tres da tarde, as colas superaban as dúas horas de espera e a indignación dos usuarios aumentaba ante a falta de respostas e reforzos no servizo.

Artai Bringas, un estudante que intentaba volver a Gondomar, explicaba ao diario La Voz de Galicia: “Pasei unha hora na ringleira e non cheguei nin ás taquillas”. Ante a falta de autobuses dispoñibles, decidiu chamar á súa familia para que o recollesen.

A situación foi agravada pola falta de información, xa que os afectados non conseguiron contactar coas empresas de autobuses nin presencial nin telefónicamente. Algúns viaxeiros que intentaron mercar os billetes por internet tamén atoparon dificultades técnicas.

Aínda que Renfe reforzou as prazas utilizando composicións dobres desde o luns, sindicatos denunciaron que o eixo atlántico conta con menos prazas dispoñibles debido a problemas de mantemento. As prazas para as horas punta están esgotadas ata novembro, en parte polo impacto dos máis de 80.000 abonos gratuítos emitidos en Galicia.

A Xunta, responsable do transporte interurbano, asegurou que enviou unha carta ás empresas concesionarias de autobuses solicitando atención ás necesidades de mobilidade dos estudantes, especialmente os venres e domingos. A Consellería de Presidencia admitiu atrasos nos embarques pola elevada demanda, mais negou que quedasen viaxeiros sen servizo.

TRENS Á CORUÑA NA PRÓXIMA FIN DE SEMANA

Durante os próximos días 21 e 22 de setembro (sábado e domingo), Renfe interrompirá o servizo de todos os trens que cheguen e partan da estación de San Cristovo na Coruña, na súa maioría os que conectan á cidade herculina con Santiago. Segundo afirmou Renfe, este servizo será prestado de xeito substitutorio en autobús, polo que aqueles viaxeiros que queiras viaxar a Compostela dende A Coruña poderán facelo unicamente por estrada.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here