InicioPOLÍTICABorja Verea defende o Camiño de Santiago como modelo de turismo sostible...

Borja Verea defende o Camiño de Santiago como modelo de turismo sostible no Parlamento

O líder do PP de Santiago destaca que a ruta xacobea distribúe riqueza e protexe o patrimonio cultural e natural

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, destacou no Parlamento de Galicia o papel do Camiño de Santiago como “o mellor instrumento para socializar a riqueza do turismo” e subliñou que esta ruta é un exemplo de turismo sostible, en comparación con outros destinos que concentran os beneficios en poucas mans. Segundo Verea, “o Camiño reparte a riqueza entre miles de familias e pequenos autónomos ao longo do país, revitalizando zonas esquecidas e protexendo o patrimonio natural e cultural”.

Verea tamén resaltou que o Camiño de Santiago non só é a maior vía de peregrinación da cristiandade, senón que mantén unha esencia espiritual e cristiá que o fai único e insubstituíble. “Proba disto é que tentaron copialo noutros lugares, pero non funcionou, porque lles falta esa esencia de transcendencia”, afirmou.

Ademais, o líder popular destacou os datos positivos do modelo turístico galego, apuntando que en 2023 se alcanzaron os mellores niveis de rendibilidade hoteleira da historia, cun incremento do 6% interanual e un 27% respecto aos niveis prepandemia.

Por último, Verea advertiu aos socialistas de non caer na “turismofobia irresponsable” do BNG, afirmando que as súas políticas non buscan combater a masificación, senón limitar o turismo para as rendas máis altas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here