InicioSANTIAGOAMESO pleno de Ames aproba por unanimidade a moción do BNG para...

O pleno de Ames aproba por unanimidade a moción do BNG para mellorar o Centro de Saúde de Bertamiráns e o PAC

A formación nacionalista insta así á Xunta de Galicia a ampliar o centro ou construír un novo para atender o crecemento poboacional

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Ames presentou unha moción solicitando á Xunta de Galicia que estude a ampliación ou a construción dun novo Centro de Saúde e PAC en Bertamiráns, tras unha reunión coas traballadoras e persoal sindical do centro. O encontro, celebrado o 3 de xullo, contou tamén coa presenza da parlamentaria nacionalista Iria Carreira, quen recolleu as preocupacións do persoal sobre o estado das instalacións e a falta de persoal, que afecta negativamente á atención aos pacientes.

Na defensa da moción, a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, destacou que o edificio, construído en 1991, non responde ás necesidades actuais da poboación, que se triplicou dende entón. “Os investimentos foron insuficientes para un concello que medrou tanto”, afirmou Pampín, subliñando que o partido leva tempo loitando por melloras no centro de saúde.

O BNG propón que a ampliación ou construción do novo centro se faga sobre o terreo cedido polo Concello e que se dote ao centro de persoal adicional, garantindo atención pediátrica polas tardes, un dobre equipo médico nas fins de semana e novas especialidades como fisioterapia, radioloxía, nutrición e logopedia para responder ás necesidades da veciñanza de Ames.

A formación nacionalista comprometeuse a seguir traballando para que se leve a cabo o cumprimento desta moción, co obxectivo de mellorar a atención sanitaria no municipio.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here