InicioSANTIAGOAMESVeciños de Ames acusan ao Concello de "menosprezo" polo incumprimento da lei...

Veciños de Ames acusan ao Concello de “menosprezo” polo incumprimento da lei de benestar animal

As promotoras da manifestación do 8 de setembro piden respecto e solucións fronte ás declaracións do concelleiro de Medio Ambiente

Publicado o

Xornal de Compostela

A veciñanza de Ames, que o pasado domingo 8 de setembro se manifestou para denunciar o incumprimento da lei de benestar animal, acusa ao Concello de amosar un “menosprezo” cara á súa causa e de ignorar as súas demandas. Tras as publicacións en redes sociais do concelleiro de Medio Ambiente, Javier Antelo, nas que minimizaba a protesta, os manifestantes reiteraron que a súa loita está baseada en defender os dereitos dos animais e no cumprimento da lei vixente, sen ningún interese político.

Nun comunicado, as promotoras da mobilización lamentan as declaracións de Antelo, quen afirmou que as manifestacións estaban “practicamente baleiras” e que as demandas non eran máis que unha “malinterpretación” da nova normativa. O colectivo denuncia que esta actitude “ridiculiza e ningunea” ás persoas que promoven a defensa dos animais, amosando falta de respecto e empatía.

Imaxes da manifestación do domingo publicadas no Facebook de Javier Antelo

Os veciños de Ames sinalan que, desde hai anos, están a sufragar de maneira particular os custes da atención ás colonias felinas, e que o que solicitan é o apoio do Concello para protexer os animais e as persoas que os coidan. Aseguran que existen fondos europeos, estatais e autonómicos destinados a este fin, e que a súa proposta non busca dilapidar recursos públicos.

Entre as principais reivindicacións presentadas figuran a creación dun servizo de lacería 24 horas, un rexistro das colonias felinas e das coidadoras, a aplicación do método CER (captura, esterilización e retorno) en todo o concello, e a implementación dun protocolo formal de recollida de animais abandonados. Tamén reclaman convenios con veterinarios locais, campañas de concienciación, e claridade sobre o uso dos fondos dispoñibles para o cumprimento da lei de benestar animal.

Por outra banda, o colectivo destaca que en Ames, cunha poboación de 32.000 habitantes, hai máis de 10.000 animais de compañía, segundo datos do INE, polo que consideran que o Concello debe asumir as súas responsabilidades nesta materia.

Finalmente, a veciñanza reitera o seu desexo de colaborar co departamento de benestar animal para traballar xuntos e facer de Ames un exemplo de protección animal.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here