InicioSANTIAGOAMESAmes Radio abre a convocatoria para novos programas de cidadanía ata o...

Ames Radio abre a convocatoria para novos programas de cidadanía ata o 30 de setembro

A emisora ofrece a posibilidade de crear contidos a persoas, asociacións ou entidades con propostas de interese para o municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

Ames Radio abre, un ano máis, o prazo para que a cidadanía, asociacións e entidades presenten propostas para a creación de novos programas na emisora. Desde hoxe e ata o 30 de setembro, as persoas interesadas poden enviar a súa ficha de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal, presentando proxectos de temáticas diversas que resulten de interese para o municipio amesán ou que estean protagonizados por residentes, nados ou traballadores de Ames.

A convocatoria está aberta a maiores de 18 anos, ou de 16 anos cun titor responsable. Cada proposta debe incluír detalles como o título, obxectivos, público destinatario, duración e día de emisión suxerido. Ames Radio proporcionará o equipamento técnico necesario e o seu espazo físico para a gravación dos programas seleccionados.

Desde a súa creación en 2017, o proxecto de Radio Cidadá xa ten materializado máis de corenta programas, enriquecendo a grella de contidos con espazos sobre literatura, música, ecoloxía e historia local, entre outros. Para máis información, os interesados poden contactar con Ames Radio a través dos seus correos e teléfonos dispoñibles.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Ryoichi Kurokawa volve a Curtocircuíto cun programa de concertos audiovisuais que conecta son, imaxe e tecnoloxía

Curtocircuíto reforzará nesta edición a súa liña dedicada á creación audiovisual en directo cunha...

Ames lanza unha campaña para reforzar o uso responsable dos patinetes eléctricos

O Concello de Ames puxo en marcha unha nova campaña de concienciación sobre o...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here