InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames esixe melloras no centro de saúde de Bertamiráns...

O BNG de Ames esixe melloras no centro de saúde de Bertamiráns ante a sobrecarga e obsolescencia do edificio

O grupo municipal solicita á Xunta a construción dun novo centro ou a ampliación do actual para garantir unha atención sanitaria adecuada

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Ames presentou unha moción na que insta á Xunta de Galicia a estudar a construción dun novo centro de saúde ou a ampliación do actual en Bertamiráns, co fin de adaptalo ao crecemento poboacional e mellorar a calidade da atención sanitaria. Inaugurado en 1991, cando a poboación era de 10.000 habitantes, o centro dá servizo hoxe a máis de 33.000 persoas, o que xerou unha situación de sobrecarga nas consultas e insuficiencia nas infraestruturas.

O persoal sanitario e sindical destacou que o edificio está obsoleto e non responde ás necesidades actuais, a pesar dunha remodelación parcial realizada hai tres anos. Entre as demandas do BNG, inclúese a dotación de máis persoal, atención pediátrica pola tarde e a creación dun dobre equipo no PAC para cubrir as tardes e fins de semana. Tamén solicitan a inclusión de novas categorías profesionais, como fisioterapia, radioloxía e nutrición.

O BNG amósase satisfeito de que, tras a presentación da moción, o alcalde de Ames solicitara unha reunión co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar estas cuestións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here