InicioPOLÍTICAO PP denuncia a falta de desbroce en Santiago e acusa ao...

O PP denuncia a falta de desbroce en Santiago e acusa ao Bloque de “falta de criterio”

Nerea Barcia critica a xestión do BNG nas tarefas de limpeza de fincas municipais, como a do Campiño de Guadalupe

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, acusou ao BNG de falta de planificación nas tarefas de desbroce en varias zonas do concello. Barcia afirmou que “os nacionalistas non teñen nin calendario, nin plan de traballo”, en referencia ao estado de abandono de fincas municipais, como a do Campiño de Guadalupe, que visitou esta semana xunto ao líder do PP compostelán, Borja Verea.

Barcia destacou que, a pesar das queixas da veciñanza e da presentación de varias reclamacións no Concello, “non se tiña feito nada ata hoxe, venres 6 de setembro”. Criticou tamén que o BNG só actúa despois de que o PP denuncie os problemas. Segundo a edil popular, esta situación repítese constantemente, e afirmou que “é unha vergoña que teña que ser o PP de Santiago o que lles marque a folla de ruta”.

A situación no Campiño de Guadalupe foi denunciada nun pleno anterior, onde os populares solicitaron a limpeza da zona debido a que a maleza invadía parte da estrada, afectando a visibilidade e a seguridade viaria. Barcia lamentou que o traballo de roza non se realizase ata setembro, a pesar do compromiso do BNG de actuar con rapidez.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here