InicioSANTIAGOBRIÓNArrinca en Brión a Ruta das Hortas para promover produtos locais e...

Arrinca en Brión a Ruta das Hortas para promover produtos locais e sostibles

A iniciativa inclúe visitas guiadas a explotacións agrícolas e forma parte dun programa máis amplo de apoio ao sector primario

Publicado o

Xornal de Compostela

Unhas trinta persoas participaron na primeira xornada da Ruta das Hortas, unha nova iniciativa organizada polo Concello de Brión e a asociación Daquí Darredor para poñer en valor o sector primario e promover o comercio de produtos locais e sostibles. O primeiro destino foi a horta de Marisa, en Pedrouzos, onde os asistentes aprenderon sobre as prácticas de produción sostible e a comercialización directa de produtos.

A ruta ten como punto de partida o espazo colaborativo “Transformando en Brión”, situado no terceiro andar do centro comercial Montebalado, desde onde partirán as seguintes visitas, previstas para os días 12, 17 e 24 de setembro, a outras explotacións do municipio.

Esta actividade forma parte dun programa máis amplo que inclúe o Coworking Fest, o 18 e 19 de setembro, e a sexta edición da Feira Labrega, que se celebrará o 22 de setembro no Adro da Igrexa dos Ánxeles. A feira contará con venda de produtos da horta, exposicións de artesanía, obradoiros tradicionais e actividades para toda a familia.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o V Plan de Igualdade 2026-2030

O Pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade o V Plan para a Igualdade...

Brión convoca novos cursos para formar produtores nas cociñas colaborativas de Montebalado

O Concello de Brión vén de abrir unha nova edición dos seus cursos de...

A Garda Civil recupera o corpo dun home no río Tambre tras activar un operativo en Brión

A Garda Civil recuperou este sábado o corpo sen vida dun home localizado no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here