InicioDEPORTESO Festival Go! Go! Zo! celebra o Torneo 3x3 de baloncesto no...

O Festival Go! Go! Zo! celebra o Torneo 3×3 de baloncesto no Monte do Gozo

O evento combinará deporte, música e actividades para familias, cunha participación de 300 persoas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monte do Gozo acollerá este sábado 7 e domingo 8 de setembro o Torneo 3×3 de baloncesto, unha das novidades da cuarta edición do Festival Go! Go! Zo!, impulsado pola Federación Galega de Baloncesto co apoio da Xunta de Galicia. O evento, que se desenvolverá desde as 9:00 horas ambos días, reunirá a preto de 300 participantes e combinará deporte, música e actividades lúdicas para toda a familia.

Na presentación, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou que esta iniciativa conxuga “lingua, deporte, mocidade e tempo de lecer”, englobando actividades culturais no marco do programa CulturON e a iniciativa FalaRedes. García animou a todas as familias a achegarse ao Monte do Gozo durante a fin de semana para participar nas actividades programadas.

Ademais do torneo, o festival contará co Partido das Estrelas, un concurso de triplas e sesións DJ, así como animación para os máis pequenos, con inchables e concertos no Espazo FalaRedes. O sábado, ás 11:45 horas, o grupo Cantigaéverso ofrecerá un concerto, e o domingo será a quenda de María Faltri Picadiscos, ás 12:45 horas.

Toda a información sobre o festival está dispoñible en www.gogozo.gal, mentres que o regulamento e horarios do torneo poden consultarse en www.fegaba.com.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here