InicioSANTIAGOAMESO Punto Limpo de Ames recolleu máis de 2 toneladas de residuos...

O Punto Limpo de Ames recolleu máis de 2 toneladas de residuos de construción en xullo

O servizo municipal rexistrou 771 entradas e destaca o incremento na reciclaxe de aparatos electrónicos e plásticos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Punto Limpo de Ames rexistrou un total de 771 entradas durante o mes de xullo, consolidándose como unha infraestrutura clave para a correcta xestión de residuos no concello. Entre os materiais máis destacados, recolléronse 2.060 quilogramos de residuos de construción (formigón, ladrillos e outros), así como 2.403 quilogramos de madeira e 860 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES). Ademais, o Punto Limpo procesou 454 quilogramos de plásticos.

O incremento no uso deste servizo municipal, segundo indicou o concello, responde a unha maior concienciación da veciñanza sobre a importancia de reciclar adecuadamente materiais que non poden depositarse nos colectores convencionais. A concelleira de Medio Ambiente destacou a relevancia deste tipo de instalacións para reducir o impacto ambiental e mellorar a xestión de residuos no municipio.

Ademais, a través do Punto Limpo móbil, que percorre as diferentes parroquias do concello, recolléronse residuos en 22 entradas durante o mesmo mes. Este servizo facilitou a recollida de 9 quilogramos de aceite vexetal, 45 unidades de PAES e varios tipos de residuos como aerosois, metais e roupa.

O Punto Limpo de Ames, situado na rúa das Hedras, no polígono Novo Milladoiro, ampliou recentemente o seu horario, abrindo de luns a sábado de 9:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A veciñanza tamén ten a opción de chamar para concertar a recollida de residuos voluminosos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here