InicioSANTIAGOAMESVeciños de Ames convocan unha nova manifestación pola execución da lei de...

Veciños de Ames convocan unha nova manifestación pola execución da lei de benestar animal

A protesta terá lugar o 8 de setembro no Milladoiro, reclamando medidas concretas e efectivas por parte do Concello de Ames

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A veciñanza de Ames mobilizarase de novo este domingo, 8 de setembro, cunha nova manifestación baixo o lema “Lei Animal Ames Xa!”, reclamando a correcta execución da lei de benestar animal por parte do Concello. A concentración comezará ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Milladoiro e rematará en Manuel Murguía, co obxectivo de visibilizar a insatisfacción coas políticas municipais en materia de protección animal.

Segundo destacan os organizadores, esta manifestación é unha resposta á “falta de actuación efectiva e transparencia” do Concello de Ames en relación ao cumprimento da lei de benestar animal. As queixas principais inclúen a ausencia dun rexistro e control das colonias felinas, a inexistencia de convenios con veterinarios locais para abaratar os custos de xestión, e a falta dun servizo de lacería permanente que non recaia unicamente no voluntariado de Protección Civil.

Ademais, os convocantes subliñan a falta de claridade sobre o destino dos animais recollidos no concello e a escasa transparencia na xestión dos fondos europeos e estatais destinados a este fin. “Queremos lembrar o incumprimento da lei e a reiterada indiferencia da administración local”, declara unha das veciñas organizadoras, Eva, quen tamén critica a falta de campañas de concienciación e esterilización, a pesar de que están recollidas na normativa vixente.

A comunidade científica e ecoloxista apoia a implantación do método CER (captura, esterilización e retorno) como a mellor práctica para o control das colonias felinas, método que, segundo denuncian os veciños, apenas se aplica no municipio. A situación agrávase coa falta de servizos de urxencia veterinaria 24 horas, o que deixa aos animais e aos propietarios desprotexidos en caso de accidente ou extravío.

Os manifestantes tamén cuestionan a eficiencia dos recursos municipais destinados a iniciativas como os iglús para gatos, que consideran ineficaces. “No artigo 22 da nova lei obrígase aos concellos a estar preparados para atender calquera animal. Queremos un Ames 10 en protección animal, que sexa un referente de benestar,” conclúen.

A manifestación deste domingo espera reunir a veciños de Milladoiro, Bertamiráns e aldeas colindantes, sumando voces para esixir unha mellor xestión e un compromiso real coa protección dos animais no concello de Ames.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here