InicioCULTURAA Rúa de Abaixo celebra as súas festas con actividades para todas...

A Rúa de Abaixo celebra as súas festas con actividades para todas as idades

O evento, que terá lugar do 4 ao 8 de setembro, incluirá música, astronomía, obradoiros e o tradicional concurso do 'Baile do faroliño'

Publicado o

Xornal de Compostela

A Rúa de Abaixo, actualmente coñecida como Rúa do Espírito Santo, situada no barrio de Basquiños, prepárase para acoller as súas tradicionais festas esta fin de semana. O programa, organizado pola Asociación Veciñal ‘As Marías’, inclúe unha ampla variedade de actividades que buscan satisfacer a veciñanza de todas as idades, con eventos que se prolongarán desde o mércores 4 ata o domingo 8 de setembro.

A celebración deste ano xira en torno á temática do universo, e comeza o mércores coa elaboración dun mural colectivo, actividade aberta a maiores de 10 anos que terá lugar ás 18:00 horas na fonte da Rúa de Abaixo. Pola noite, a partir das 21:30, a Comisión de Cultura Científica da Gentalha do Pichel dirixirá unha sesión de astronomía pensada para toda a familia.

O xoves 5 estará dedicado aos máis pequenos, con actividades que inclúen un obradoiro de cabezudos infantís ás 18:00 horas, seguido dunha sesión de cinema infantil ás 21:00, ambos eventos na praza da Rúa de Abaixo.

O venres 8 chega un dos días máis esperados, coa celebración da noite de música tradicional. A partir das 22:00, os asistentes poderán disfrutar das actuacións de Pataghulhos, Bouba e Os Carunchos, que animarán a noite con música tradicional galega.

O sábado 7 será unha xornada repleta de actividades, que comezará coas alboradas a cargo de Devagarinho e As Ousadas de Sam Pedro. Ás 12:00, dará comezo unha volta ciclista ao barrio, con saída desde a Pastoriza. A continuación, celebrarase a tradicional sesión vermú tras o pregón de Xosé Manuel Penas Patiño, un veciño vinculado ao barrio e recoñecido naturalista.

A tarde do sábado contará con diversas propostas, como un bingo musical ás 17:00 horas, inchables para os máis cativos e o concerto infantil de Cé Orquesta Pantasma ás 19:30. A festa nocturna incluirá concertos desde as 22:00 e o tradicional concurso do ‘Baile do faroliño’.

As festas rematarán o domingo 8 coa actuación da Banda de Música Recreativa e Cultura da Bandeira, que ofrecerá un concerto ás 13:00 na fonte da Rúa de Abaixo.

Estas festas, organizadas por e para a veciñanza, son unha cita ineludible no calendario do Barrio das Marías, consolidándose ano tras ano como un evento destacado en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here