InicioCULTURAOs Espazos +60 de Afundación retoman a actividade con novos programas para...

Os Espazos +60 de Afundación retoman a actividade con novos programas para maiores

Ábrese o prazo de inscrición ata o 20 de setembro para participar en actividades que fomentan o benestar emocional, o acompañamento dixital e a interacción social

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Espazos +60 de Afundación, a Obra Social de ABANCA, reinician a súa actividade en Santiago de Compostela tras o parón estival, abrindo o prazo de inscrición para o curso 2024-2025. Desde hoxe e ata o próximo 20 de setembro, as persoas interesadas poderán matricularse nas distintas propostas que buscan promover o benestar das persoas maiores a través de programas formativos e de interacción social.

Entre as novidades deste curso destacan actividades dirixidas ao benestar emocional, como o programa ‘Coñecendo as emocións‘, que ofrecerá doce sesións para mellorar a xestión emocional na vida cotiá. Outra das novidades é o obradoiro ‘O camiño do dó‘, que axudará aos participantes a xestionar as perdas e reflexionar sobre as súas experiencias persoais.

A nivel tecnolóxico, o Espazo +60 de Santiago pon á disposición dos socios un servizo de acompañamento dixital personalizado, que inclúe apoio no uso de dispositivos móbiles e tabletas, así como obradoiros específicos sobre ferramentas dixitais, como Google Maps ou a xestión de contas a través de ABANCA móbil.

Para fomentar as relacións sociais e o exercicio físico, organízanse actividades como “Sae a pasear e conversar”, un grupo semanal de paseos para disfrutar do aire libre en boa compaña. Ademais, ofrécense cursos de expresión artística e musical, como o obradoiro de canto tradicional e pandeiretas, e clases de acordeón e pintura.

As actividades están abertas a todas as persoas socias do centro, e poderán desenvolverse tanto de maneira presencial como a través de plataformas en liña. Desde Afundación destacan que “os grupos de actividades poranse en marcha sempre que exista un número mínimo de inscricións”. Para formalizar a inscrición ou obter máis información, é posible contactar co Espazo +60 de Santiago a través de teléfono ou WhatsApp, ou visitando as súas instalacións.

Pódense consultar as actividades dispoñibles no Espazo +60 de Santiago na seguinte ligazón: Actividades_E_60_Santiago

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here