InicioSANTIAGOAMESAmes promove o comercio local coa iniciativa 'Volta ao cole co comercio'

Ames promove o comercio local coa iniciativa ‘Volta ao cole co comercio’

O evento incluirá actividades lúdicas e sorteos de vales de compra en Milladoiro e Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames presentou esta mañá as xornadas ‘Volta ao cole co comercio‘, que terán lugar os días 4 e 6 de setembro no Milladoiro e en Bertamiráns, respectivamente. O obxectivo desta iniciativa é dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao inicio do curso escolar. A programación inclúe actividades lúdicas para nenos e nenas a partir dos 3 anos, así como sorteos de vales de compra valorados en 1.500 euros, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e co patrocinio de Evoa Redes SL.

As actividades desenvolveranse en horario de 17:00 a 20:00 horas na zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Entre as propostas destacan inchables, xogos do mundo e unha Holi Party para a mocidade, que terá lugar a partir das 19:30 horas. A empresa Evoa Redes SL tamén estará presente cun stand para dar a coñecer o seu traballo á veciñanza.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou durante a presentación que “estas xornadas buscan dinamizar as rúas de Ames e promover o comercio local a través de actividades pensadas para toda a familia”. Pola súa banda, Carmen Porto, concelleira de Mocidade, subliñou a importancia de apoiar ás familias neste momento do ano: “A volta ao cole supón un gran desembolso económico, e esta festa é unha oportunidade para facilitarlles as compras no comercio local”.

O presidente da XEA, Ramón Cordido, aplaudiu a iniciativa e recalcou que “estes actos na rúa lembran á veciñanza que todo o que necesitan para comezar o curso está ao seu alcance”. Denís Gasamáns, director comercial de Evoa Redes SL, agradeceu a colaboración do Concello de Ames e das concellarías implicadas por facilitar a volta ao cole das familias do municipio.

Os sorteos de vales de compra realizaranse ao remate das actividades, ás 20:00 horas, e incluirán vales para diversas librerías e papelerías de Bertamiráns e do Milladoiro, ademais de vales cortesía do Concello de Ames e da XEA.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here