InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos ao...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda

As actuacións inclúen a pavimentación e mellora da recollida de augas pluviais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón comezou as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, cun investimento de 68.906,12 euros. Estas intervencións, a cargo da empresa Obras y Viales de Galicia SL, teñen como obxectivo facilitar o acceso e mellorar a seguridade viaria na zona.

Segundo explicou o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, os traballos inclúen a creación dunha zona formigonada de 480 metros cadrados e unha cuneta formigonada de 205 metros que permitirá unha mellor recollida de augas pluviais. “Ademais, melloraremos con tratamento asfáltico a pista de acceso, o que redundará nunha maior seguridade e comodidade para os usuarios”, indicou Rodeiro.

A maiores, acometerase a limpeza das gabias e salvagabias, e instalaranse tres sinais de Stop para reforzar a seguridade na circulación. Estas melloras forman parte do compromiso do concello por optimizar as infraestruturas locais e facilitar o tránsito diario dos veciños da zona.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

O PP culpa o goberno local dos problemas cos fluxos turísticos e reclama medidas antes do Xacobeo 2027

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa responsabilizou o goberno municipal do BNG das...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here