InicioCULTURAO pop pecha o ciclo Atardecer no Gaiás con Santi Araújo e...

O pop pecha o ciclo Atardecer no Gaiás con Santi Araújo e Rocío Saiz

A edición deste ano destaca pola diversidade de estilos e a presenza de talento galego

Publicado o

Xornal de Compostela

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, promovido pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, despedirase esta semana co pop como protagonista. O galego Santi Araújo e a madrileña Rocío Saiz serán os encargados de poñer o broche final a unha edición marcada pola diversidade de estilos e a combinación de artistas novos e veteranos.

O xoves 29 de agosto, o cantante e compositor de Ponteareas, Santi Araújo, subirá ao escenario da Praza Central do Gaiás para presentar o seu segundo traballo en solitario, Canciones para bailar. Este disco alegre e versátil mestura bossanova, folk e psicodelia sen perder a esencia do pop que caracteriza ao artista. Ademais, o álbum introduce elementos experimentais, como os sampler, que permiten gozar do saxofón de Emilio José e da batería de Jaime Mateo, membro falecido de Os Amigos dos Músicos.

Pola súa banda, o venres 30 de agosto, Rocío Saiz traerá o seu electropop ao Gaiás, pechando así a súa xira de presentación do álbum Autoboicot y descanso. Este concerto será unha das últimas oportunidades para ver á actriz, cantante e activista na súa faceta musical durante un tempo. O álbum de Saiz é unha viaxe emocional que recolle influencias dos anos 80 e de artistas como Robyn, Meat Loaf, Belinda Carlisle e Ludovico Einaudi.

Máis de 5.000 persoas desfrutaron xa dos concertos desta décimo cuarta edición de Atardecer no Gaiás, que incluíu dezaseis actuacións durante os xoves e venres de xullo e agosto. O ciclo destacou pola promoción de novos talentos, con especial atención ao panorama musical galego, contando con sete artistas do país no seu cartel: De Ninghures, Flow do toxo, A Pedreira, Amoebo, Alana, ALARIDO e o propio Santi Araújo.

Atardecer no Gaiás forma parte das actividades da campaña CulturON, coa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude programa máis de 30 actividades culturais diarias por toda Galicia, contando tamén co apoio de Cervezas Alhambra.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here