InicioECONOMÍAFADEMGA recibe a visita do Secretario Xeral para presentar os novos programas...

FADEMGA recibe a visita do Secretario Xeral para presentar os novos programas de cooperación

A entidade segue recibindo axudas para fomentar a empregabilidade e a inclusión social

Publicado o

Xornal de Compostela

A Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA) recibiu esta mañá a visita do Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández López, nas súas instalacións do Polígono do Tambre en Santiago de Compostela. Esta visita enmarca a presentación da nova convocatoria dos Programas de Cooperación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o ano 2024, cuxas bases foron publicadas recentemente no Diario Oficial de Galicia.

FADEMGA, que solicita estas axudas desde 2007, é unha das entidades que se beneficia destes programas, destinados a financiar a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social. Durante estes 17 anos, a entidade recibiu un total de 154 contratos, co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas contratadas e de realizar tarefas de utilidade para a comunidade.

Desde 2013, 18 contratos foron para persoas con discapacidade intelectual. Na última convocatoria, correspondente a 2023, FADEMGA suscribiu 9 contratos, dos cales 3 foron para persoas deste colectivo. O Secretario Xeral de Emprego aproveitou a súa visita para conversar con algúns destes traballadores e percorrer as instalacións da entidade, acompañado por Carmen Taboada, Carmela González, Manel Fernández, Manuel Carrillo e Javier García.

FADEMGA non está soa neste esforzo; 30 das súas entidades federadas tamén recibiron axudas, contabilizando un total de 1.655 contratos en 17 anos, e 81 contratos neste ano 2023. Así, coas 154 axudas de FADEMGA, o total de contratos financiados nos últimos anos ascende a 1.809.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here