InicioECONOMÍAO aeroporto de Santiago descende en número de viaxeiros

O aeroporto de Santiago descende en número de viaxeiros

O aeroporto de Vigo é o único galego que mantivo en xullo o número de viaxeiros rexistrado no mesmo mes de 2023

Publicado o

Xornal de Compostela

O aeroporto de Vigo foi o único dos tres aeroportos galegos que mantivo ou aumentou o número de viaxeiros en xullo en comparación co mesmo mes de 2023. En total, o aeroporto de Peinador rexistrou 111.380 pasaxeiros, o que representa un lixeiro incremento do 0,1%.

Durante o pasado mes, a pista de Vigo acolleu 1.108 voos, dos cales 867 foron comerciais. Ademais, movéronse 23 toneladas de mercadorías. A pesar deste lixeiro aumento, no acumulado do ano, Peinador contabiliza 567.918 viaxeiros, o que supón unha diminución do 11,8% respecto ao mesmo período de 2023. A caída está asociada ás obras de reasfaltado da pista que limitaron a operación do aeroporto a só seis días en maio.

Pola súa banda, o aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou 388.610 pasaxeiros en xullo, o que supón un descenso do 2,5% en comparación co ano anterior. No entanto, no acumulado do ano, Lavacolla acumula 2,14 millóns de viaxeiros, un aumento do 6,8%. En xullo, o aeroporto santiagués realizounos 2.807 voos, un 2,7% máis que o ano pasado, dos que 2.555 foron comerciais. A mobilización de mercadorías tamén incrementou un 12,5%, con 459 toneladas trasladadas.

O aeroporto da Coruña tamén experimentou unha caída no número de pasaxeiros, con 112.754 en xullo, o que representa unha disminución do 3,8%. No acumulado do ano, Coruña acumula 713.486 usuarios, un 0,5% menos que no ano anterior. En xullo, o aeroporto coruñés contou con 1.444 operacións, un 1% máis que o ano anterior, das que 848 foron comerciais. Ademais, movéronse 3,3 toneladas de mercadorías.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...