InicioDEPORTESO PP pide criterios obxectivos nos convenios cos clubs deportivos

O PP pide criterios obxectivos nos convenios cos clubs deportivos

José Ramón de la Fuente insta ao BNG a traballar nunha regulamentación que garanta a transparencia e equidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, manifestou hoxe a súa preocupación pola falta de criterios obxectivos na formalización dos convenios cos clubs deportivos da cidade. Segundo o edil da oposición, “é entendible que as entidades deportivas se pregunten cales son realmente os criterios avaliables obxectivamente para poder acceder á financiación municipal”.

De la Fuente destacou que, actualmente, os obxectos, condicións e partes intervinientes nos convenios repítense sistematicamente ano tras ano, o que leva a que “sería de sentido común que houbese uns criterios para formalizar este tipo de axudas”. O edil popular alertou que a ausencia dun baremo estandarizado podería xerar unha aparente xestión caprichosa e unha sospeita de arbitrariedade. “Mellorar a transparencia na formalización de convenios, con un proceso regrado, obxectivo, equitativo, universal e claro, que hoxe non existe, é unha reivindicación dos axentes deportivos da cidade que, cremos, chegou o momento de atender”, engadiu.

Para o PP de Santiago, é esencial que os clubs e entidades deportivas saiban que poden acceder a unha ferramenta xurídica proporcionada polo Concello, sempre que se cumpran os requisitos e se alcancen os logros establecidos obxectivamente. De la Fuente subliñou que isto axudaría a eliminar a percepción actual de que a relación de convenios formalizados polo Concello no ámbito deportivo está baseada máis na simpatía por un deporte ou entidade determinada que en criterios obxectivos.

O concelleiro popular propuxo a elaboración dunha regulamentación municipal que determine os criterios deportivos obxectivos para a formalización dos convenios, así como os importes económicos máximos vinculados a estes criterios, os compromisos que deberán adquirir as partes e as condicións baixo as que se formalizarán todos os convenios con clubs, asociacións, entidades e federacións deportivas operativas na cidade. De la Fuente instou ao BNG a “poñerse a traballar xa na procura desa normativa”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here