InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames executará novas obras con fondos do POS+ Adicional...

O Concello de Ames executará novas obras con fondos do POS+ Adicional 2/2024

O investimento de 986.033,68 euros permitirá mellorar infraestruturas en varias parroquias e en Aldea Nova

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames disporá de 986.033,68 euros para a execución de novas obras grazas ao POS+ Adicional 2/2024 da Deputación da Coruña. Esta contía destinarase a sufragar cinco proxectos, entre os que se inclúen a pavimentación de viarios, a mellora da seguridade viaria e a rehabilitación de infraestruturas municipais.

Segundo o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, “tiñamos moi claro que a senda dende A Ponte Maceira ata Carballo se ía a executar, e agora faremos realidade ese proxecto a través do POS Adicional 2/2024”. Este plan adicional inclúe proxectos financeiramente sostibles que xa estaban no Plan complementario, permitindo unha maior axilidade na súa implementación.

Proxectos sufragados co POS+ Adicional 2/2024

A primeira fase do POS+ Adicional cubrirá catro obras principais:

  1. Pavimentación de viarios no Castro de Ortoño (149.608,76 euros).
  2. Senda desde A Ponte Maceira a Carballo (268.737,99 euros).
  3. Mellora da seguridade viaria en Covas (128.415,69 euros).
  4. Pavimentación de viarios en Biduído de Arriba (185.104,42 euros).

Estas catro obras suman un total de 731.866,86 euros. Os 254.166,82 euros restantes destinaranse a melloras no edificio da Escola Municipal de Música e de Protección Civil en Aldea Nova, incluíndo a renovación da cuberta e a preparación para unha futura comunidade enerxética.

O alcalde, Blas García, destacou a importancia do apoio da Deputación da Coruña, afirmando que “o entre provincial leva investido en Ames máis de 2 millóns de euros este ano. Sen este apoio, as entidades locais terían dificultades para realizar melloras significativas”.

TOTAL DE INVESTIMENTOS NO CONCELLO

O importe total asignado a Ames en 2024, sumando as achegas do POS+ Adicional e do POS+ 2024, ascende a 1.965.534 euros. Estes fondos permitirán ao concello acometer importantes melloras en infraestruturas, beneficiando directamente á veciñanza e mellorando a calidade de vida na área.

A aprobación destas obras e proxectos foi unánime no pleno ordinario de xullo, reflexando o compromiso da corporación municipal en seguir avanzando no desenvolvemento e modernización do municipio.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here