InicioSANTIAGOAMESAmes aproba en pleno o novo estudo de viabilidade para a construción...

Ames aproba en pleno o novo estudo de viabilidade para a construción do complexo deportivo do Milladoiro

A Corporación municipal tamén deu luz verde a varias iniciativas para mellorar infraestruturas e servizos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames celebrou o seu pleno ordinario de xullo, no que a Corporación municipal aprobou diversas medidas e iniciativas de forma unánime. Entre os acordos adoptados destaca a fixación dos festivos locais para o ano 2025, que serán o xoves 29 de maio, día da Ascensión, e o martes 24 de xuño, día de San Xoán.

Ademais, o pleno tamén aprobou a concesión da medalla do Concello de Ames 2024 ao destacado deportista Borja Golán Santín. Este recoñecemento xa fora aprobado na Xunta de Voceiros o pasado 14 de xuño e foi entregado durante o acto do Día de Galicia celebrado o 23 de xullo.

Outra das decisións unánimes foi a solicitude de participación na segunda fase do POS+ Adicional 2/2024 da Deputación Provincial da Coruña. Este programa permitirá financiar melloras na Escola Municipal de Música de Ames, situada en Aldea Nova, cun orzamento de 254.166,82 euros.

O pleno tamén aprobou a modificación da base número 50 do orzamento municipal de 2024 para incluír unha subvención nominativa de 2.000 euros á entidade Solidariedade Internacional de Galicia. Esta subvención apoiarase o programa Galicia Abriga, que acolle temporalmente a mulleres defensoras de dereitos humanos en situación de risco.

En canto ás infraestruturas deportivas, a Corporación aprobou a cuarta prórroga da concesión administrativa da xestión e mantemento do Centro deportivo municipal A Telleira. Esta prórroga terá unha duración máxima de dous anos e a concesionaria, Serviocio Deporte Cultura e Recreación SL, deberá realizar un investimento de 128.958,67 euros en melloras.

Outro punto relevante foi a concesión de obra para a construción da instalación deportiva municipal do Milladoiro e a explotación do conxunto deportivo que se creará xunto ao centro municipal A Telleira de Bertamiráns. O novo estudo de viabilidade, elaborado pola consultora Dosvalor, estima un custo total de 7.330.839 euros debido ao aumento da inflación.

Durante a sesión tamén se abordou unha moción de urxencia sobre a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación dos servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral. A proposta aprobada incrementará as cotas do servizo de comedor, lúdicos e escola de verán en torno a un 11%, adaptándose ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC) previsto ata 2027.

No apartado das mocións políticas, o grupo municipal do BNG presentou dúas propostas: unha para crear o Consello de participación e transparencia e outra sobre a xestión das colonias felinas no rural de Ames. Ambas mocións foron rexeitadas. Pola súa banda, o grupo municipal popular propuxo medidas para combater o minifundismo en Ames, moción que foi aprobada coa maioría dos votos da Corporación.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here