InicioSANTIAGOAMESO alcalde de Ames destaca o potencial tecnolóxico durante a visita á...

O alcalde de Ames destaca o potencial tecnolóxico durante a visita á empresa D3 Applied Technologies

Blas García acompañou ao presidente da Xunta e á conselleira de Economía nun percorrido polo parque empresarial do Milladoiro

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Este mércores o alcalde de Ames, Blas García, participou xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, na visita á empresa D3 Applied Technologies, situada no parque empresarial do Milladoiro. A empresa é recoñecida a nivel mundial pola súa labor no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para embarcacións de competición, o sector aeronáutico, as enerxías renovables, a industria e o eido naval.

Durante a visita, o CEO de D3 Applied Technologies, Gonzalo Redondo, explicoulles ás autoridades o traballo do seu equipo, formado por científicos, enxeñeiros e colaboradores externos con ampla experiencia. Redondo destacou que a empresa aposta polos métodos numéricos e a simulación, desenvolvendo metodoloxías de deseño de última xeración e investindo en equipos de supercomputación para mellorar o rendemento dos seus deseños.

O alcalde Blas García agradeceu a presenza do presidente da Xunta e da conselleira de Economía e Industria, subliñando que “dispoñemos dun importante polo tecnolóxico e de innovación no parque empresarial do Milladoiro. Empresas como D3 Applied Technologies son un referente e permiten que dende O Milladoiro se traballe no deseño de barcos que compiten na Copa América ou nos Xogos Olímpicos”.

García engadiu que “Ames é as ás de Galicia, porque somos punteiros en innovación, tecnoloxía, comunicación e audiovisual, pero tamén a nivel demográfico, xa que somos o único concello galego con saldo vexetativo positivo”. Aproveitou tamén para solicitar a colaboración da Xunta para que Ames continúe avanzando e para que empresas como D3 sigan medrando.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o papel dos emprendedores na xeración de emprego de calidade e a creación de riqueza. Subliñou que a Xunta está comprometida co apoio ás iniciativas empresariais a través da Oficina Económica de Galicia, que busca facilitar os trámites burocráticos e proporcionar axudas para multiplicar as oportunidades empresariais.

Rueda tamén salientou a aposta da Xunta por reter o talento innovador e atraer investimentos, mencionando medidas como a Rede de Polos de Emprendemento e liñas de axudas para startups. O Goberno autonómico traballa desde hai anos para reducir e axilizar os trámites empresariais, con iniciativas como a Oficina Económica de Galicia e diversas liñas de axudas para fomentar a innovación e modernización no tecido produtivo.

Na visita, tamén participaron a concelleira de Promoción Económica e Innovación de Ames, Ana Belén Paz; e mailas voceiras dos grupos municipais do Partido Popular, Oliva Agra; Bloque Nacionalista Galego, Escarlata Pampín; e Espazo Común, Luísa Feijóo.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here