InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNA conselleira de Medio Ambiente acompaña a un grupo de nenos na...

A conselleira de Medio Ambiente acompaña a un grupo de nenos na práctica da pesca sostible en Boqueixón

A conselleira de Medio Ambiente participou nunha formación impartida polo campión mundial David Arcay

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañou esta mañá a un grupo de vinte nenas e nenos de Boqueixón e Santiago durante unha formación na práctica da pesca sostible e sen morte celebrada na área recreativa de Sucira, en Boqueixón. A actividade foi impartida polo catro veces campión do mundo de pesca deportiva David Arcay. No acto tamén participaron a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; os alcaldes de Boqueixón e Vedra, Ovidio Rodeiro e Carlos Martínez; e os concelleiros José Luís Mareque, Ángela Conde e Iván Eirís.

David Arcay iniciou a sesión explicando as especies presentes nos ríos galegos, como as troitas e os salmóns no caso do río Ulla, así como as normas para pescalas e a práctica da captura e solta. Arcay ensinou aos nenos a manipular os peixes de forma que non sufran dano antes de ser devoltos aos ríos. Ángeles Vázquez subliñou que esta modalidade de pesca contribúe a manter ou incrementar as poboacións das distintas especies, favorecendo así a continuidade desta práctica deportiva no futuro. Ademais, engadiu que as formacións de Arcay axudan a que os máis pequenos se animen a probar esta actividade e a fomentar a remuda xeracional.

A conselleira agradeceu o labor formativo de Arcay e destacou a colaboración que mantén coa Xunta desde 2018 para promover entre a mocidade os valores deportivos e medioambientais asociados á pesca fluvial. Segundo Vázquez, estas actividades ensinan á rapazada a protexer a fauna ictícola e o medio natural, a practicar a pesca sen morte, a empregar técnicas de captura menos lesivas e a avanzar no coidado e respecto á natureza.

No marco desta colaboración, David Arcay impartirá este ano 16 xornadas divulgativas, das cales 12 serán teóricas e catro teórico-prácticas. Nas sesións, os participantes aprenderán a realizar unha óptima solta dos peixes capturados, coñecerán as canas adecuadas para distintas modalidades de pesca e practicarán con elas nunha completa exhibición de pesca fluvial.

Ángeles Vázquez salientou que estas iniciativas motivan ás nenas e nenos a practicar actividades de lecer na natureza e a realizar boas prácticas que axudan a conservala e protexela. Incidiu na importancia de concienciar aos distintos sectores sociais sobre a relevancia de concibir a pesca fluvial como unha forma de aproveitamento sostible dos recursos naturais, así como de coidado do medio ambiente e dos ecosistemas fluviais. Estas accións chegarán este ano a preto de 340 rapazas e rapaces de entre 12 e 13 anos, sumándose aos máis de 2.000 que participaron desde 2018.

A comitiva oficial tamén aproveitou para saudar a un grupo do Voluntariado Xuvenil do Concello de Boqueixón, que está estes días realizando unha acampada na área recreativa de Sucira. O alcalde Ovidio Rodeiro puxo en valor a solidariedade destes mozos e mozas, “que colaboran na organización de programas de conciliación como o Verán Activo, no que este ano temos a 118 nenos e nenas”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

Unha persoa resulta ferida tras unha colisión entre dous coches en Boqueixón

Unha persoa resultou ferida na mañá deste domingo tras un choque entre dous vehículos...

Os Reis Magos reúnen centos de persoas no polideportivo do Forte durante o Festival de Reis de Boqueixón

Melchor, Gaspar e Baltasar foron os protagonistas do tradicional Festival de Reis organizado polo...

A CIG desconvoca a folga na Lavandaría Elis de Boqueixón tras un acordo sobre o calendario laboral de 2026

O sindicato CIG desconvocou a folga prevista na Lavandaría Elis de Boqueixón para os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here